"A Asociación Érguete compartirá cos colexios material informativo gratuíto para fomentar o bo uso das tecnoloxías"

Esta iniciativa forma parte do programa E-Dixital, financiado pola Xunta de Galicia e por Caixabank, e consta de 15 vídeos e 15 guías para un uso responsable das novas tecnoloxías

O 3,7% da poboación española entre 15 a 64 anos realizou no ano 2019 un uso compulsivo de Internet, o que ven sendo aproximadamente 1.700.000 de persoas, segundo a XIII Encuesta sobre Alcohol y otras Drogas en España (EDADES) 2019/2020 realizada polo Ministerio de Sanidade no mes de marzo do 2020. “Este é un dato preocupante, e que debemos tratar de mellorar con traballo”, avisa a responsable de prevención da Asociación Érguete, Laura Durán. Por iso, na entidade viguesa decidiron co apoio e financiamento da Xunta de Galicia e Caixabank, facer entrega de maneira gratuíta as escolas da área de Vigo material informativo para fomentar un bo uso das tecnoloxías. O material constará de 15 vídeos resumo e 15 guías para fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías.

Cada unha estará dedicada a un tema, e serán entregadas cada tres semanas para que os centros teñan “tempo para traballar con elas de maneira individual”. Os primeiros materias xa foron entregados é estaban centrados no uso responsable do Whatsapp. Ao largo deste ano tamén se abordarán preguntas habituais que chegan a entidade como cando comprar o primeiro móbil? Que sabemos do Fortnite? Que sabemos do Tik Tok?…

Un dos obxectivos de todo este material é que poida chegar as familias a través dos centros. “As familias e o bo exemplo no fogar son indispensables para previr un mal uso da tecnoloxía nos máis pequenos, pero tamén non máis maiores”, explica Durán. Por iso, o material está confeccionado de maneira visual e simple para que sexa apto para todos os públicos, tanto para os profesionais dos departamentos de orientación, como para os pais e nais interesados.

Todo este material será enviado aos Departamentos de Orientación de diferentes Concellos, entre eles Redondela, Vilaboa, Fornelos de Montes, Bueu e Moaña, e a colexios e institutos que teñan relación coa Asociación Érguete, pero estarán dispoñibles para calquera centro que os desexe. Soamente hai que solicitalos nas redes sociais da entidade ou a través do correo electrónico lauraduran@erguetevigo.org.