"A Asociación Érguete e a Deputación previron as condutas adictivas en máis de 200 menores e as súas familias"

 

A través de varios programas en Vigo, Mos, O Porriño e Pontevedra a entidade continúa a traballar na prevención, “a mellor ferramenta fronte a problemática das adiccións

A Asociación Érguete e a Deputación de Pontevedra previron as condutas adictivas en máis de 200 menores e as súas familias durante o último ano. A través de varios programas desenvolvidos en Vigo, Mos, O Porriño e Pontevedra a entidade continuou ensinando ferramentas para non caer nas adiccións. 

A coordinadora  da Asociación Érguete, Elvira Rivas, destaca que “a prevención é hoxe aínda máis importante polas dificultades asociadas da pandemia en canto a saúde mental, e as posibles problemáticas relacionadas coas novas tecnoloxías”. Por todo isto, na Asociación, malia as dificultades da crise sanitaria “nunca pasou pola nosa cabeza parar o noso programa preventivo”.

En total, a través dos programas financiados pola Deputación, a Asociación atendeu a un total de 314 persoas, entre menores en colexios e clubs deportivos e as súas familias. Ademais a entidade tamén formou como mediadores en prevención de adiccións a 21 alumnos e alumnas de Integración Social do Centro Escolar Lar de Mos. 

Dende a Asociación Érguete queren destacar o apoio e a aposta da Deputación de Pontevedra pola prevención e pola saúde dos máis pequenos e pequenas nun ano tan difícil.