A coordinadora da Asociación, Elvira Rivas, incidiu nunha reunión coa delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias “a gran importancia de estabilizar os convenios de colaboración” para continuar dando servizo a máis de 4.000 persoas cada ano
A coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, reuniuse coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, para dar a coñecer ao Goberno autonómico os problemas e necesidades das persoas con drogodependencias da área de Vigo, así como, para destacar a importancia da prevención entre os e as menores.
Elvira Rivas incidiu na ““gran importancia” de manter e estabilizar os convenios de colaboración que ten a Xunta coa Asociación Érguete para non deixar a ninguén atrás e continuar dando servizo a máis de 4.000 persoas cada ano. Só en programas financiados polo Goberno galego, a entidade atendeu a case
3.000 persoas “O apoio da Xunta é imprescindible para atender a todas as persoas que precisan de Érguete para mellorar a súa situación”, concluíu Elvira Rivas.
A Xunta subvenciona os programas de prevención da Asociación Érguete con menores e familias da área metropolitana de Vigo, ás súas vivendas de apoio ao tratamento onde persoas con problemas de adiccións tratar de normalizar as súas vidas, ao servizo xurídico, e aos programas de intervención directa con persoas privadas de liberdade.