A quinta edición da carreira solidaria Érguete e Corre de Vigo non se vai poder celebrar este ano. Estamos moi tristes por tomar esta decisión, pero a situación sanitaria e o noso sentido da responsabilidade fai que tanto á organización como patrocinadores e colaborades consideremos que este 2020 non podemos correr xuntos e xuntos como nos gustaría. Mellor fácelo no 2021, máis seguros e seguras.
Durante estes meses estivemos á espera e buscando alternativas para celebrar a carreira como nos gustaría e como vos gustaría, pero as garantías sanitarias non son as idóneas. A saúde e vós estades por diante sempre.
Esperamos vervos a todos e a todas na edición do ano que vén. Tamén esperamos poder ter o orgullo de continuar pertencendo ao Circuíto Run Run do Concello de Vigo, un gran soporte para facer un evento mellor.
Non imos celebrar carreira, pero seguide adestrando para estar en forma o ano que vén. Debemos cargar pilas para correr xuntos e xuntas e reivindicar a base de quilómetros un mundo máis xusto, mellor, e máis igualitario. Esta mensaxe é hoxe máis necesaria que nunca.
Grazas por estar aí,
Unha forte aperta. Coidarvos moito!
Asociación Érguete