"A EDUCACIÓN SOCIAL E A PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS SON AS PROTAGONISTAS DA IV VIAXE EDUCATIVA DA ASOCIACIÓN ÉRGUETE"

A EDUCACIÓN SOCIAL E A PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS SON AS PROTAGONISTAS DA IV VIAXE EDUCATIVA DA ASOCIACIÓN ÉRGUETE

O próximo xoves día 8 de outubro a través da aplicación Zoom Meetings a Asociación Érguete celebrará o seu 35º aniversario con dúas conferencias educativas. Desta maneira mantense a celebración da cuarta edición da Viaxe Educativa para demostrar con expertos e expertas que unha educación diferente é posible!

A edición deste ano consistirá en dúas conferencias, unha pola mañá e outra pola tarde, a través de Zoom Meetings e a inscrición será gratuíta. Os e as participantes recibirán un link os días previos para conectarse. Ollo! O afora total é de 100 persoas. Nas seguintes imaxes podes ver as conferencias e aos seus relatores:

 

FICHA CONFERENCIAFICHA CONFERENCIA 1

INSCRICIÓN EN TAN SÓ UN MINUTO

Para inscribirte soamente tes que cubrir o seguinte formulario. As persoas inscritas recibirán nos días previos un link para conectarse á conferencia e un pequeno documento coas instrucións de uso.

INSCRÍBITE AQUÍ