Este venres máis dun centenar de persoas usuarias e profesionais de asociación solidarias do barrio elabororaron un mural conxunto
O barrio do Calvario en Vigo é o fogar dunha chea de agrupacións solidarias da cidade que traballan día a día para mellorar a vida das súas persoas que asisten ós seus servizos. As direccións destas organizacións crearon a Plataforma Social Calvario, para seguir crecendo no seu camiño e poder organizar actividades de máis impacto. Este venres máis dun centenar de traballadores, traballadoras e persoas usuarias destas entidades uníronse ao alumnado da Escola Oficial de Idiomas para crear un mural colaborativo polo 8M, Día da Muller.
O acto comezou ás 11.00 horas e consistiu en pintar un mural colaborativo para expoñer no recibidor do edificio mentres se escoitaba aos e ás maiores do coro de Párkinson Vigo. Ademáis, leuse un manifesto conxunto para visibilizar a doble discriminación que sofren as mulleres usuarias destas entidades As principais reivinidicacións centráronse en lembrar que debido as súas distintas realidades as mulleres con Síndrome de Down e diversidade intelectual, as que teñen problemas de adiccións, discapacidade, párkinson, xitanas, maiores e mozas sofren discriminación por formar parte dese colectivo que é empeora polo feito de ser mulleres. Tamén se aproveitou para lembrar as referentes e ás mulleres que abiron o camiño cara a igualdade.
A plataforma Social Calvario, dinamizada dende 2022, está formada pola Asociación Érguete, Down Vigo, Afaga Alzhéimer, Arela, Secretariado Gitano, Igualarte, Párkinson Vigo, Asem, Apamp, Fundación Érguete-Integración, Biblioteca Xosé Neira Vilas, Centro Municipal de Benestar Social Rivera Atienza e o centro social Rivera Atienza. Tamén participaron no acto o alumnado e profesorado do IES Castelao, a Fundación Juan Soñador e os centros de día Lavadores e Parque de Castrelos.