Este verán as persoas aspirantes a condutor de O Morrazo e Redondela recibirán talleres de prevención de drogas como educación engadida mentres sacan o carné de conducir. As encargadas de impartir a formación nestes concellos serán desta formación serán os e as profesionais da Asociación Érguete co financiamento da Xunta de Galicia.
O programa leva o nome de “Cambio de Sentido” e que a través de distintos talleres interactivos informará e sensibilizará a estas persoas ao risco de conducir baixo os efectos das drogas. Tamén haberá un apartado que explique como os distintos medicamentos poden ser perigosos para a conducións, pese a ter receita médica.
Estes talleres impartíranse nas aulas das autoescolas e sempre dacordo aos protocolos de seguridade que marcan as autoridades sanitarias. Ademais dende a Asociación Érguete queren lembrar que conducir baixo os efectos das drogas tamén é “unha pandemia que mata moitas persoas”, por iso, inciden en que a “educación e a prevención son indispensables para salvar vidas”.
As autoescolas dos concellos de O Morrazo e Redondela que queiran demandar este servizo deben poñerse en contacto coa Asociación a través do correo electrónico: lauraduran@erguetevigo.org