Seis asociacións concentráronse hoxe na Praza da Memoria para festexar o día da Muller e visibilizar ás realidades que viven cada día as mulleres
As entidades solidarias de Rivera Atienza, no barrio do Calvario, uníronse para reivindicar o Día da Muller cunha serie de actos durante toda a maña para visibilzar as situacións machistas que viven as súas usuarias cada día. A Asociación Érguete, Afaga, Arela, Asociación Párkinson Vigo Down Galicia, Fundación Érguete e traballadoras da biblioteca Neira Vilas relataron a través dun micro aberto todos os micromachismos que viven as súas mulleres, que sofren unha dobre discriminación, por ser muller e estar en risco de exclusión.
“En varias entrevistas de traballo preguntáronme se quero ser nai”, “un home borracho ben, pero unha muller borracha é un desastre”, “varios homes que quixeron decidir dos nosos corpos”, son algúns dos micromachismos que se relataron durante a concentración. Durante a xornada tamén se realizaron unha serie de xogos abertos a todo o público nos que se relacionaron diferentes frases de libros e películas con perspectiva de xénero e se fixeron dous grandes tres en raia humanos.