"As persoas usuarias da Asociación Érguete crean unha marca de bolsos xunto a La Canalla"

As persoas que viven nas residencias de acollida da entidade comezaron un taller para aprender a confeccionalos utilizando materiais sostibles e reciclados

Unhas das principais dificultades das persoas con problemas de adiccións e a volta á vida normalizada na sociedade. Moitos traballan para deixar atrás o consumo nos centros penitenciarios ou en recursos especializados. É un proceso moi difícil, pero están acompañados de profesionais que lle fan todo un pouco máis doado. Cando rematan os prazos, saen a rúa cheos de ilusión, pero con dúas grandes dificultades: atopar traballo e vivenda. Na Asociación Érguete son ben conscientes desta realidade e por iso están a argallar xunto a la firma de deseño viguesa, La Canalla, unha marca de bolsos feito polas persoas usuarias que residen nas vivendas de acollida que a entidade ten en Vigo.

A coordinadora da Asociación, Elvira Rivas, destaca que con esta iniciativa “queremos traballar novas ferramentas e valores como o da reciclaxe, a imaxinación, o esforzo e a loita por un mundo mellor con eles e eleas. Polo de agora, informa Rivas, o proxecto está a comezar. “Os deseñadores de La Canalla xa crearon os primeiros modelos e agora están a compartir coas persoas usuarias o seu método”. “Agardamos que ao final de ano podamos mostrar os primeiros bolsos”, explica ao tempo que engade que “estamos moi ilusionados por lanzar este proxecto e agardamos que as persoas que comparten o espírito de Érguete tamén o estean”.

Xandre e Lino, dúas persoas usuarias que forman parte da iniciativa, tamén se mostraron moi “contentos” coa actividade. Explican que “lles parece unha idea estimulante e moi ben organizada” e coa que “podemos aprender moito”. Lino tamén destacou que “me encanta traballar con material reciclados.Collemos algo que non ten moito valor para transformalo en algo útil e bonito”, explica. Ao final, non saben como irá o proxecto, pero para eles poder aprender e traballar habilidades como a creatividade e paciencia “xa é algo moi positivo”.

Uno de las mentes detrás de La Canalla, Francisco Soto, tamén destacou que esta actividade “é un reto para nós e estamos moi ilusionados”. Explica que xa fixeran moitas formacións, pero nunca apostaran por tratar de crear un proxecto a longo prazo con persoas en risco de exclusión. “É unha moi boa oportunidade para demostrar que con cariño e esforzo pódense facer grandes cousas”, destaca.