A presidenta da Asociación Érguete foi destacada polos seus 36 anos de loita polos dereitos das persoas con adiccións
As persoas que o desexen poden votar por ela a través da web da Plataforma das ONGs
A presidenta da Asociación Érguete, Carmen Avendaño, acaba de ser nomeada candidata ao premio Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos en Galicia, recoñecemento que outorga a Plataforma das ONGs, organizacións e persoas que conforman Coruña Contra a Guerra. Para que sexa a gañadora as persoas que o desexen deben votar por ela a través da web de Acampa.
Carmen Avendaño “mostrouse moi agradecida pola mención” e destaca que “detrás da miña loita están as persoas que conforman Érguete e que cada unha delas é ben merecedora deste premio”. Salienta que a loita “que comezamos fai 36 anos un grupo de nais, hoxe é seguida por un grupo de profesionais que non paran de traballar por mellorar a vida das persoas con adiccións”.
A presidenta da Asociación Érguete quere exemplificar o gran traballo da entidade con cifras, xa que durante o 2021, mailas as dificultades da pandemia, “atendemos a máis de 4.000 persoas na área de Vigo e nos centros penitenciarios de A Lama e Teixeiro”.