Os 50 alumnos que este ano recibiron a formación tiveron a oportunidade de compartir a mañá con Carmen Avendaño, que tras responder as súas preguntas e inquietudes respecto a as adiccións ás drogas e as súas consecuencias, entregoulles os diplomas acreditativos da súa formación.
Un ano máis, queremos agradecer a aposta do PLDA por achegar a mediación en prevención a este colectivo, así como a atención recibida na Escola de Maxisterio de Vigo e moi especialmente á súa directora, Mª Jesús Ayuso, a súa implicación e interese nunha actividade que desde hai xa varios anos ofrécese de forma voluntaria na escola para aqueles futuros mestres que queren completar a súa formación abordando un tema hoxe imprescindible na educación.