"Concentración 25 N contra a violencia de xénero"

O​ barrio de O Calvario tamén se quixo unir ás reivindicacións contra a violencia de xénero deste 25 de novembro.
concentracion 25N asociacion erguete

A Asociación Érguete organizou esta mañá unha concentración e a súa presidenta, Carmen Avendaño, foi a encargada de ler un manifesto de repudia contra a violencia machista xunto ao Presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheímer (Afaga) e a alumnos do CPR Santa Cristina de Vigo que recitaron un poema sobre a violencia de xénero de Marta Lloves, técnica de prevención da Asociación Érguete.

Ao acto acudiron veciños e veciñas de O Calvario, ademais dos traballadores e traballadores da Asociación Érguete, de Afaga, do CPR Santa Cristina de Vigo e da Fundación Érguete. Ademais de usuarios e usuarias da distintas organizacións e da veciñanza que se quixo sumar a reivindicación do seu barrio.

concentracion 25N asociacion erguete 2

Ademais de lembrar as 91 mulleres asasinadas este ano, a Asociación Érguete solicitou melloras na Lei Integral Contra a Violencia de Xénero para que non só sexan consideradas vítimas as mulleres asasinadas ou maltratadas polas súas parellas ou exparellas. O resto de mulleres asasinadas ou agredidas pola rúa por parte de homes tamén deben ser contabilizadas.

Todos e todas as presentes no acto coincidiron en que a educación é a arma máis poderosa para loitar contra a violencia machista dende as idades máis temperás. O grito foi claro: “Nin un paso atrás”.