Todos os traballadores e traballadoras, socios e socias de Érguete, e a familia adoptiva da loita e exemplo de Carmen Avendaño, queren mandarlle todo o seu cariño e forza polo falecemento do seu fillo no día de onte. Levaba tempo enfermo, pero como a súa nai, nunca deixou de loitar.
Estamos profundamente afectados por esta situación, el creceu da man da Asociación, como cada un dos fillos de Carmen. Perdemos a un compañeiro, un exemplo de superación para nós, pero a vida é así, e máis nestes tempos. Agora quedan as lembranzas e as ganas de loitar polo soño que comparte coa súa nai, unha sociedade mellor, máis xusta, e con máis oportunidades para todas e todos.
Queremos agradecer de antemán todas as mostras de cariño que enviades. Trataremos que a forza que nos mandades chegue a Carmen para que saiba que todos e todas estades con ela nestes momentos tan difíciles.
Grazas por todo Abel. Sempre na nosa memoria, e no noso traballo.
A túa familia de Érguete.