"Érguete inspira a loita contra as adiccións no Valle del Jerte"

A Mancomunidade extremeña e a Asociación Enverea visitaron hoxe a sede da Asociación en Vigo para coñecer de cerca a súa historia e o seu traballo diario

A Asociación Érguete naceu cando un grupo de nais e as súas familias decidiron unirse para loitar por solucións urxentes á epidemia de adiccións que asolaba aos seus fillos e fillas. Uníronse para poñer cara ao inimigo, á droga e aos narcotraficantes, e para ofrecer unha solución a todas as persoas afectadas. Hoxe, 38 anos despois, a entidade é un referente a nivel nacional no ámbito das adiccións cun equipo de máis de 30 profesionais e máis de 6.000 persoas usuarias atendidas cada ano. Por iso, a Mancomunidade do Valle del Jerte (Extremadura) e a Asociación Enverea visitaron hoxe a sede de Érguete en Vigo para coñecer o seu traballo e inspirar ao incipiente movemento contra as adiccións que están a iniciar coa poboación de alí.

O presidente da Mancomunidade e alcalde de Valdastillas, José Ramón Herrero Domínguez, explica que no Valle del Jerte “teñen un problema moi grande cun mercado de drogas que funciona día a día e moito consumidor”, e engade que “coñecemos o problema, a quen vende, e onde, pero non sabemos como facer que nos escoiten e solucionar o problema”. O rexedor destaca que todos estes motivos foron polos que pensaron na Asociación Érguete como “inspiración pare aprender da súa loita e como referente para conseguir nun tempo o que é a entidade viguesa hoxe”.

Purificación Pérez é unha agricultora que decidiu unirse con outras moitas mulleres para crear a Asociación Enverea coa que loitar “contra un problema que está a afectar as nosas familias e amigas”.  “Queremos facer como fixeron Carmen Avendaño, Dora Carrera e as nais de Érguete: que se nos oía, que entendan que non é un error pedir axuda e erradicar este problema. Sempre que falo da miña loita me din que teña sorte, pero o que queremos é forza para mobilizar o Valle del Jerte. Eses son os nosos seguintes pasos”.

Para Carmen Avendaño o movemento polo que están a loitar José Ramón Herrero e Purificación Pérez “lembra moito aos nosos inicios”. “Teñen o mesmo problema e nós imos estar ao seu lado no camiño. Ao principio é moi difícil, pero es factible. Se logrades que a sociedade entenda o problema tedes moito gañado”, conclúe, Avendaño. 

A coordinadora da Asociación, Elvira Rivas, tamén quixo agradecer que pensaran en Érguete para iniciar a súa loita. “Para nós é un orgullo e un gran recoñecemento ao traballo, coraxe e forza das nosas nais e persoas traballadoras”, destacou coa cerdeira conmemorativa nas mans que a delegación do Jerte deixa como brote da súa loita en Vigo.