A Presidenta da Asociación Érguete, Carmen Avendaño, recibiu onte un recoñecemento por parte do grupo deportivo Casa Paco 81 polo seu traballo como “loitadora incansable contra o narcotráfico polo ben da xuventude”, destaca o Presidente do grupo redondelán, Manuel Conde.
Ademais da entrega do recoñecemento a Presidenta de Érguete, o club habilitou un espazo para recoller alimentos que serán entregados a Cáritas para o seu posterior reparto entre aqueles e aquelas que o precisen.
Este recoñecemento correspóndese cunha iniciativa do club para premiar o labor daquelas persoas que traballan polo ben de todos e todas. Como é o caso de Carmen Avendaño e a Asociación Érguete.