Traballamos con persoas con condutas adictivas e persoas privadas de liberdade, ofrecendo apoio integral para a súa recuperación e reinserción social

                                                    OS NOSOS PROGRAMAS

EQUIPO

4 avogados/as

3 psicólogos/as

3 educadores/as sociais

3 traballadores/as sociais

2 criminólogos/as

Metodoloxía

O noso equipo traballa de xeito integrado, compartindo perspectivas e coñecementos desde diferentes disciplinas para ofrecer unha atención holística que aborda todas as dimensións de cada caso.

Todos os nosos profesionais participan regularmente en capacitacións, supervisións e actualizacións sobre as mellores prácticas en intervención social, adiccións e reinserción social.

Contacto: emilio.garcia@asociacionerguete.org