Mision-Asociacion-Erguete

Traballar para xerar oportunidades e prestar servizos a persoas e familiares afectadas por condutas aditivas, disruptivas ou de risco impulsando a súa inclusión e fomentando hábitos de vida saudables, tendo sempre en conta a perspectiva de xénero.

Vision-Asociacion-Erguete

Aspirar a ser unha asociación referente na prevención e intervención en condutas aditivas e problemas asociados, con servizos de calidade e innovadores, profesionais expertos, e sendo unha plataforma para a denuncia social.

Valores-Asociacion-Erguete

A Asociación Érguete desenvolve a súa estratexia e busca conseguir os seus obxectivos guiada polos seguintes valores: Profesionalidade, innovación, sensibilización, compromiso social, flexibilidade / adaptabilidade, calidade, e igualdade de xénero.

Liñas-estratexicas-Asociacion-Erguete

  • Dar unha atención personalizada e áxil ás persoas que requiren os nosos servizos.
  • Dispoñer de persoal profesional capacitado para levar a cabo a misión da Asociación e que todo o equipo estea satisfeito de formar parte de Érguete.
  • Mellorar a coordinación e comunicación entre procesos craves para poder ofrecer proxectos innovadores e de máxima calidade que dean resposta ás necesidades de quen o requira.
  • Mellorar a sustentabilidade económica conseguindo novos ingresos e procurar que os obtidos sexan máis eficentes.