Este venres o alumnado do colexio Antonio Carpintero de Arbo rematou unha formación enfocada a reforzar a súa personalidade. A actividade foi organizada polo equipo de prevención da Asociación Érguete e tiña como obxectivo aportar as ferramentas necesarias ás rapazas e rapaces para poder previr e saber afrontar situación de acoso, de adiccións, de conflitos…
A encargada de explicar aos pequenos e pequenas estes contidos foi a técnica de prevención, María Novelle, que compartiu reflexións e momentos en dúas sesións de traballo. “Os resultados foron moi positivos. Tanto o alumnado como o equipo educativo do centro fixo una moi boa acollida do obradoiro, participando e mostrando interese nas diferentes actividades”, explica a profesional da Asociación Érguete.
Algunhas dos aspectos que máis se traballaron nesta formación for a reflexión sobre as propias accións, a autocrítica, a importancia de comprender e respectar, aprender a escoitar e a expresar as preferencias. “Foi un lugar no que rapaces e rapazas puideron coñecerse mellor e aprender a respectarse o un ao outro”.
Estas actividades forman parte do proxecto E.S.E que coordina a Asociación Érguete e están subvencionadas polo Concello de Arbo.