Unha das prioridades da Asociación Érguete é traballar dende a prevención. A nosa prioridade é concienciar ás novas xeracións sobre como pode cambiar a vida unha adicción, á vez que lles dotamos de ferramentas para saber dicir que non e ter un ocio saudable.
Que facemos?
Actividades formativas e obradoiros con enfoque participativo, dirixidos a alumnado, familias, profesorado e outros axentes implicados. Empréganse técnicas como dinámicas de grupo, xogos de rol, debates, reflexións compartidas e análise de casos prácticos, apoiados en materiais específicos creados para a implementación dos programas.
EQUIPO
Equipo multidisciplinar formado por profesionais do eido da Educación Social, Psicoloxía, Traballo Social e outros campos adicados á educación.
PERSOAS DE CONTACTO
Coordinadora da Oficina Técnica de Prevención
Noelia Romero – noeliaromero@asoaciacionerguete.org
prevencion@asociacionerguete.org
Os e as profesionais da entidade visitaron cos seus talleres de prevención a 6.574 menores e as súas familias en 15 concellos da área metropolitana de Vigo.