PROGRAMA DE INTERVENCIÓN EN PRIMEIRO GRAO (AUTO-T)
O Programa AUTO-T desenvólvese cos internos clasificados en primeiro grao dos Centros Penitenciarios de A Lama (Pontevedra) e Teixeiro (A Coruña) coa finalidade de motivar para o desenvolvemento de capacidades, comportamentos e estratexias que permitan unha reinserción persoal e social satisfactoria.
Un programa que proporciona as ferramentas necesarias para afrontar a vida con autonomía e confianza, e facilitar a resolución de conflictos e situacións persoais de forma non violenta.
EQUIPO
Educadoras/es Sociais
Pedagogas/os
Psicólogos/as
Terapeutas
Traballadores/as Sociais
Avogados/as
PERSOAS DE CONTACTO
Coordinador do AUTO-T
Rodrigo Alonso – autot@asociacionerguete.org
METODOLOXÍA
Traballamos mediante sesións grupais e individuais, cunha metodoloxía activa e participativa a través de exposicións, debates guiados, dinámicas de grupo e técnicas de control de impulsos, expresión corporal, xestión emocional e relaxación, que se desenvolven adaptándose ao ritmo e necesidades persoais de cada usuario.
OBXECTIVOS
- Potenciar a reflexión e a autocrítica respecto á propia conducta e propiciar o cambio cara outras máis favorables e socializadoras.
- Fomentar o descubrimento dun mesmo e a expresión dos propios sentimentos e emocións como facilitadores do intercambio social.
- Descubrir a importancia da linguaxe corporal e xestual como instrumento de comunicación social e de expresión dos propios sentementos e emocións.