"Proxecto de Igualdade nos Centros Educativos do Concello de Redondela"

Educar en igualdade entre homes e mulleres e unha prioridade para a  nosa entidade e un requisito imprescindible para evitar actitudes, conductas, estereotipos e unha socialización diferenciada e desigual.
CARTEL EDUCANDO NA IGUALDADE SERVIZOS SOCIAIS REDONDELA 2019 Asociacion Erguete

EDUCANDO NA IGUALDADE e un proxecto que nace cun obxetivo claro: achegar ó alumnado dos centros educativos conceptos e ferramentas de sensibilización, implicación e actuación baseados nunha verdadeira relación de igualdade cos demais.

A través do Departamento de Benestar Social do Concello de Redondela, o proxecto  ponse en marcha en cinco centros educativos. Está dirixido a alumnado do ciclo de Educación primaria, etapa na que consideramos que os nenos e nenas gozan dunha gran receptividade para a aprendizaxe, interiorizan os roles de xénero e  adquiren as competencias necesarias para unha relación entre iguais e para a interpretación do seu medio social, educativo e cultural baixo o principio de igualdade.

¡Arrincamos !

FOTO EDUCANDO NA IGUALDADE SERVIZOS SOCIAIS REDONDELA 2019 Asociacion Erguete