SERVIZO SOCIO-XURÍDICO
A través do noso Servizo de Información e Orientación Socio-Xurídico en conductas adictivas facilitamos ás persoas usuarias unha atención integral no ámbito das conductas adictivas e de risco, con problemas xurídico – legais asociados.
Este servizo está dirixido á persoas con problemas de adiccións e problemática legal asociada e as súas familias, a profesionais, e a entidades públicas ou privadas (comisarías, xuzgados…). Servizo totalmente gratuíto.
EQUIPO
1 Pedagogo-Orientador
2 Avogados/as
2 Traballadores Sociais
Persoal Administrativo
PERSOAS DE CONTACTO
METODOLOXÍA
Ofrecemos unha orientación individualizada e o máis cercana posible. Con entrevistas presenciais, e un seguimento exhaustivo de cada caso.
OBXECTIVOS
- Facilitar a atención integral e gratuíta á persoa no ámbito das condutas adictivas e/ou con problemas legais, informando, asesorando e orientando para reducir o desamparo e indefensión que pode ofrecer a colectivo diana do noso Servizo, mellorando a súa asistencia e proporcionar cobertura de apoio e documental ao ámbito xudicial (xulgados, comisarías, prisións…) tanto para usuarios/ as como a xuíces, fiscais, avogados….
- Proporcionar atención xurídico-social, profesional e gratuíto para as persoas usuarias e as súas familias para evitar situacións de desamparo fronte o sistema xudicial.
- Optimizar a coordinación entre as diferentes institucións e axentes implicados.
- Asesorar, informar, orientar, e/ou derivar cara aos recursos de tratamento da rede xeral sociosanitaria, así como realizar seguimento coa periocidade que se estime oportuna.