Os efectos das adiccións e as súas consecuencias representan un desafío tanto a nivel social como sanitario, impactando non só a Galicia e España, senón tamén á comunidade internacional na súa totalidade.
Por iso, comprender os indicios temperáns da adicción é crucial para intervir e brindar apoio a quen poida estar a enfrontar esta batalla. Nesta guía, axudarémosvos a saber identificar os signos dunha adicción, non só os evidentes, senón tamén os máis sutís e que a miúdo pasan desapercibidos. Ademais, deixámosvos unha guía sobre os pasos para seguir en casos de sospeitas de consumo de drogas, ante as evidencias de consumo e os posibles tratamentos.
A prevención é fundamental para cambiar o rumbo dunha adicción. Por iso, saber identificala a tempo axuda a construír unha contorna que fomente a saúde mental, emocional e un ocio saudable.
Como identificar unha adicción?
Os principais signos dunha adicción ás drogas e que debes atender se unha persoa dunha contorna os ten son:
- Cambio brusco no coidado e no aseo persoal.
- Trastornos do sono con insomnio, pesadelos e tremores.
- Perda de peso e apetito excesivo.
- Disminución do rendemento, xa sexa na escola ou no traballo.
- Illamento físico, tendencia a desaparecer.
- Disminución da comunicación verbal e afectiva.
- Empobrecemento do vocabulario.
- Abandono de aficións e intereses.
- Cambios bruscos de humor.
- Perda de responsabilidade.
- Problemas de cartos.
Por outro lado, se ti eres a persoa que consume droga e todavía non es consciente de se te atopas nunha situación de dependencia… Estes son algún dos signo que axudan a recoñecer unha adicción.
- Dificultade no control do consumo. Malía ser consciente dos problemas persoales e familiares que o consumo supón na túa vida, non consegues reducir e controlar o uso de substancias.
- Se sentes “craving”, un desexo persistente de consumir en todo momento.
- Consumo de outras substancias tóxicas. Ademais, se sentes necesidade de conseguir un maior efecto, polo que interactúas con outras substancias.
- Efecto rebote. Cando o consumo é para sentir tranquilidade, ao rematar o efecto tende a provocar un maior estado de nerviosismo que antes de ter consumido. Polo que se necesita volver consumir.
- Tolerancia. O consumo continuado xera un menor efecto ás mesmas cantidades de substancias, polo que as doses van aumentando de forma progresiva.
- Síndrome de abstinencia. O cerebro afaise a unha substancia e require doses adicionais para obter o efecto desexado ou evitar síntomas desagradables como angustia, estrés ou desánimo. Os síntomas xorden cando se interrompe o consumo da substancia e alívianse ao renovalo.
- Alteración da conduta. En función do tipo de droga consumida, os efectos serán uns ou outros: agresividade, delirios…
- Cambios de principios e prioridades. Prodúcense cambios na maneira de pensar: actitudes favorables ao consumo, autoconvición de que se pode controlas, só se ve a parte gratificante, déixanse de facer actividades de ocio, a maior parte do teu tempo é para buscar a droga… Así, o consumo ocupa un lugar máis importante que a saúde, a familia, o traballo e os cartos.
Que facer en caso de sospeitas de consumo?
Cando un pai, unha nai, ou outra persoa próxima sospeita que o seu fillo, filla, familiar ou alguén próximo á súa contorna está involucrado no consumo de drogas ou está a adoptar comportamentos que poderían derivar nalgunha forma de adicción, é moi importante mostrar comprensión, pero tamén firmeza. Ante esta situación, ten en conta os seguintes puntos.
Accións que si debes facer:
- Dialogar
- Dar a importancia xusta
- Crer no que se ve
- Compartir a preocupación
- Confrontar
- Supervisar sen presionar
Accións que non debes facer:
- Xuzgar
- Dramatizar
- Negar a evidencia
- Ocultar información
- Encubrir
- Agobiar con reproches
Que facer na evidencia de consumo?
Nos casos nos que as sospeitas xa se converteron en evidencias, debes buscar información e asesoramento do teu médico de cabeceira e recorrer a un centro especializado coma o noso.
Ademais, neste momento tamén hai medidas que debes ter en conta e outras accións que deberías evitar.
O que si debes facer:
- Dialogar e analizar as circunstancias que levaron ao consumo.
- Manter o autocontrol emocional.
- Ofrecer axuda xa que está vendo en ti alguén a quen recorrer.
- Mostrarlle afecto polo que el ou ela é, independentemente do que faga.
- Intentar adicarlle máis tempo e prestarlle máis atención.
- Entender que se está ante unha persona que ten problemas e non “ante un problema”.
- Apoiar cando a persona quiera deixar de consumir e non obrigar.
O que non debes facer:
- Desesperarse.
- Culpar, nin “botar en cara” todo o que se fixo por el ou por ela.
- Converterse no seu perseguidor/a.
- Criticar de forma continuada e violenta o seu comportamento.
- Utilizar o castigo como único recurso para evitar que continúe consumiendo.
- Acosarlle continuamente con preguntas, sospeitas, acusacións. Isto conseguirá que se afaste de ti cada vez máis.
- Presionarlle para empezar un tratamento ou unha terapia.
- Ameazar (“Se non deixas de consumir …”)
- Hai que comprender que a adicción non deixa de ser unha enfermidade e como tal temos que brindar apoio cando a persoa desee curar.
Existe tratamento para as persoas adictas?
Hoxe en día todas as formas de adicción recoñécense como enfermidades que requiren un tratamento multidisciplinario e personalizado. En caso de enfrontarse a calquera problema relacionado coas adiccións, recoméndase buscar axuda directamente nun centro de tratamento como o da Asociación Érguete ou solicitar a asistencia de profesionais de atención primaria. Estes expertos avaliarán cada situación e derivarán ao centro adecuado.
España conta cunha rede pública de centros ambulatorios de tratamento distribuídos en todas as Comunidades Autónomas. Ademais, estes compleméntanse con recursos socio-sanitarios destinados á inserción social e laboral.