Case 850 corredores participaron na proba solidaria que organiza a Asociación Érguete dentro do Circuíto Run Run de Vigo 2023
Todo o diñeiro que acadou a entidade será destinado a un proxecto de teatro e a outro de deseño de roupa coas persoas usuarias
Hoxe pola mañá a terraza pública de Vialia uniu a case 850 corredores e corredoras coa ilusión de axudar ás máis de 6.000 persoas que atende cada ano a Asociación Érguete. Participaron nunha nova edición da Érguete e Corre, que este ano batiu récord de inscrición, e percorreron a vía verde para celebrar un novo ano do Circuíto Run Run do Concello de Vigo.
A coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, explicou hoxe que este ano “queremos destinar todo os diñeiro acadado na carreira a dous proxectos que nos fan moita ilusión”. Un está baseado na mellora da xestión emocional das persoas usuarias a través do teatro. Na Asociación Érguete “confiamos na arte como medio para mellorar as nosas vida e queremos continuar a introducir o teatro no noso plan. Este ano probamos en dous programas e estamos moi contentas co resultado”, explicou Elvira.
A Érguete e Corre comezou coa Érguete peques, unha carreira na que máis de 100 nenos e nenas alcanzaron a meta coa ilusión de correr algún día como os seus pais e nais. Logo dos peques efectuaron a saída as bicis e o equipo de Discamino, aos que alcalde, Abel Caballero, xunto co Concelleiro de Deportes, Manel Fernández acompañou no inicio da proba.
Ás 11.00 horas foi a quenda dos corredores e corredoras das probas cronometradas, momento no que alcalde deu un novo pistoletazo de saída ao Circuíto Run Run 2022 do Concello. Os gañadores da Érguete Corre foron en categoría masculina 5k: Pablo Ulla Couñago (1º), Diego Rodríguez (2º) e Germán Montoto (3º), na feminina foron Marta Pereira, Julia Vaquero e Lucía Couso. Na categoría 10 km os gañadores son por orde de chegada Carlos Enrique Gutierrez, Hugo Suarez e Daniel Bargiela e as gañadoras Noemí Alvarez, Rocio Rodríguez e Laura Gallego.
Grazas ao Concello de Vigo, ao Centro Comercial Vialia, a Fiat Seguros, a Marosa, a Airbus, a Alcampo, a BeeColours, a El Atelier de Diego Caride, a Bikila, a Botamavi, a Borgwarner, Coren, a Teatro do Ar, a Meu Fit,a Verdecora, a Deputación de Pontevedra, a Pescados Piñeiro, a Brisa Bebé, a Fundación Celta e a Osteovigo por facer esta carreira posible