VIVENDAS DE APOIO

O Programa Vivendas de Apoio o Tratamento está composto por tres vivendas situadas no núcleo urbano da cidade de Vigo, nas cales, mediante unha actuación programada, posibilitase a oportunidade de axuste persoal e incorporación social das persoas con problemas de drogodependencia en risco de exclusión social.

O ACCESO REALÍZASE A TRAVÉS DA DERIVACIÓN DAS DIFERENTES UNIDADES ASISTENCIAIS DA REDE DE DROGODEPENDENCIAS.

EQUIPO

1 Traballador Social 

1 Psicólogo

6 Educadoras Sociais

PERSOAS DE CONTACTO

Coordinador do servizo

Javier Alonso – coordinacionpisos@asociacionerguete.org

METODOLOXÍA

O Programa basease na creación dun Proxecto Individualizado de Intervención (PII), a través do cal, a persoa, traballará xunto a equipa de profesionais para alcanzar os obxectivos propostos para a súa inserción.

OBXECTIVOS

  • Dotar a persoa dunha vivenda que cubra tódalas necesidades básicas dende onde facer o seu tratamento de drogodependencias.
  • Mellora das habilidades básicas da vida diaria.
  • Adquisición de hábitos e comportamentos de vida saudables.
  • Apoio na formación para a inserción laboral.
  • Consolidar o mantemento da abstinencia no consumo de substancias. 
  • Fomentar un uso do tempo libre de forma positiva fomentando actividades de participación social deportivas, culturais e recreativas. 
  • Adquisición de mellores estratexias de comunicación e relación cos demais.

ESTE PROGRAMA ESTÁ SUBVENCIONADO POR:

logo XuntaDeGalicia
logo-concello-de-vigo