Programa residencial en réxime aberto, composto por tres vivendas situadas no núcleo urbano de Vigo, orientado a favorecer a integración social de persoas con problemas de adición. A través dunha intervención personalizada, ofrécese apoio para que cada persoa desenvolva as habilidades necesarias para vivir de xeito autónomo e integrada na comunidade.
O acceso realizarase a través das unidades de atención a condutas adictivas da comunidade autónoma.
EQUIPO
1 Traballador/a Social
1 Psicóloga/o
9 Educadoras/es Sociais
PERSOAS DE CONTACTO
Coordinador do servizo
Javier Alonso – coordinacionpisos@asociacionerguete.org
METODOLOXÍA
O Programa baséase na creación dun Proxecto de Intervención Individualizado (PII) onde se propoñen os obxectivos a acadar por cada persoa, durante os doce meses de estancia.
OBXECTIVOS
Proporcionar unha vivenda estable: Garantir que a persoa dispoña dun fogar que cubra as súas necesidades básicas.
Facilitar a transición cara á autonomía desde recursos en réxime pechado: Crear un recurso intermedio que facilite o paso desde centros penitenciarios ou comunidades terapéuticas cara a unha vida autónoma.
Fomentar hábitos de vida saudable: Promover a abstinencia e o mantemento de condutas saudables en alimentación, exercicio físico, horarios e relacións sociais.
Apoio en actividades formativas: Incentivar a formación académica ou profesional.
Inserción laboral: Acompañar á persoa no proceso de busca e acceso ao emprego, cando sexa viable.
Promoción da integración social: Impulsar a participación en actividades deportivas, culturais e recreativas da contorna.
Mellora de habilidades comunicativas: Axudar no desenvolvemento de estratexias efectivas de comunicación e relación interpersoal.
Apoio en procesos xudiciais: Acompañamento nos trámites e procesos xudiciais.
ESTE PROGRAMA ESTÁ SUBVENCIONADO POR: