0
0
0
s2sdefault

Os rapaces reciben atención na entidade para mellorar cos seus problemas co consumo de substancias e conduta. Participan nun taller grupal sobre perspectiva de xénero para desenvolver un “pensamento crítico con todas as súas relacións”

xenero e desigualdade Asociacion Erguete

Os adolescentes usuarios do Programa de Formación e Integración Social (PFIS) da Asociación Érguete comezaron unha actividade para reflexionar sobre xénero e desigualdade que se prolongará ata o mes de xullo. “Queremos acompañarlles no seu proceso para que entendan este o proceso de construción do xénero como temática transversal no programa”, explican dende a entidade.

A través de cinco sesións os rapaces falarán dos roles de xénero e estereotipos, masculinidade, violencia, relacións de parella e sexualidade a través de diversas actividades e dinámicas de grupo para que “desenvolvan un pensamento crítico”.

En Érguete queren lembrar que esta actividade está integrada soamente por rapaces porque consideran que é “importante a intervención diferenciada con homes e mulleres”, para traballar diversos aspectos. “A desigualdade e discriminación de xénero están presentes en todos os campos da sociedade e só a educación pode cambiala”, reclaman as persoas profesionais detrás do PFIS.

Esta actividade e o programa están subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

0
0
0
s2sdefault

15 estudantes de 1º da ESO entrevistaron esta mañá a profesionais e persoas usuarias da entidade

IE Rosalia Castro Asociacion Erguete

O alumnado de 1º da ESO do IES Rosalía de Castro asistiu hoxe a clase como xornalistas a unha rolda de prensa. Chegaron con ganas de preguntar e moita información nas súas costas para entrevistar a profesionais e persoas usuarias da Asociación Érguete. O seu obxectivo, aprender todo o posible das adiccións.

“É un tema ao que se lle debería dar máis importancia”, opina Andrea García antes da entrevista. Ela e os seus compañeiros están moi contentos de aprender sobre as adiccións desta maneira xa que “nunca na nosa vida fixemos de xornalistas. Coñecer xente e contar historias que axudan está moi ben”, reflexiona David García.

Comezaron a actividade cunha entrevista a dúas educadoras sociais e a un psicólogo da Asociación Érguete. Da súa man aprenderon o que é unha adicción, como identificala, e como loitar contra ela. Tamén souberon que hai menores, un pouco maiores ca eles, que actualmente traballan dentro do programa PFIS da entidade para deixar atrás as súas adiccións. A educadora Ana Vázquez valorou “moito” o nivel do cuestionario e animounos a que utilicen todo o que aprenderon para “axudar e ensinar ás persoas do seu entorno”.

Rematada esa entrevista máis teórica os rapaces e rapazas continuaron o seu traballo xornalístico falando con dúas persoas usuarias da Asociación. Primeiro cun dos residentes das vivendas de apoio o tratamento da entidade que trata de deixar a súa adicción despois de 25 anos consumindo, e despois cunha menor do programa PFIS que dende a cercanía da idade tratou de facerlles comprender o fácil que pode ser caer nunha adicción.

Agora os estudantes teñen por diante a tarefa de redactar estas tres entrevistas para compartir o contido con todos os seus compañeiros e compañeiras de instituto. Sempre coa axuda do instigador desta actividade que os convirte en xornalistas por un día, o seu profesor de lengua e literatura, Alberto Sacido.

0
0
0
s2sdefault

27 traballadoras e usuarias da Asociación e da Fundación comparten situacións de desigualdade que sufriron para lembrar que “aínda hai moito camiño por percorrer”

8M2021 ASOCIACION ERGUETE

As paredes de Érguete amenceron este 8M vestidas cos rostros de 27 mulleres. As traballadoras e usuarias da Asociación e da Fundación decidiron sacar a careta do silencio e denunciar desta maneira as situacións de desigualdade que sufriron ao longo da súa vida sen medo a ensinar a cara.

Con esta iniciativa as mulleres de Érguete queren lembrar que “hai moito camiño por recorrer para acadar unha sociedade en igualdade”. As situacións que denuncian afectan a todos os aspectos da vida dunha persoa.

"Antes de irche de paseo, faille a cea ao teu irmán e pásalle o ferro a camisa", "o meu médico díxome que non me daba anticonceptivos porque xa estaba en idade de ter fillos ", "atopeime con varios usuarios que non aceptaban as indicacións dunha muller", "recibín gabanzas dun home na rúa mentres se tocaba"... Estas son algunhas situacións que denuncian estas mulleres e que confirman que “ a nosa voz é máis precisa que nunca”.

Dende a entidade tamén queren aproveitar este acto para lembrar que as mulleres con adiccións sofren unha dobre discriminación: por ser mulleres e por ser consumidoras. Deste xeito, o tratamento nas condutas aditivas vese obstaculizado polas discriminacións sufridas por ambas vertentes. Explican que estas mulleres ademais de aguantar todos os prexuízos que existen na sociedade coas persoas con problemas de adiccións, teñen que loitar e pedir axuda nun sistema “que non está pensado para elas”. Remítense a un dato tan “significativo”, como que só unha de cada catro persoas que accederon a Red de Atención a las Adicciones (UNAD) durante o 2018 era muller

0
0
0
s2sdefault

As empresas organizadas na plataforma Fanethic reuniron máis de 500 euros en produtos éticos e sostibles para repartir entre as persoas participantes.

Calquera persoa pode participar facendo unha donación coa cantidade que considere oportuna facendo click aquí

 

Copia de Sorteo Solidario

21 marcas de produtos sostibles únense nun sorteo organizado a través da plataforma Fanethic para recadar fondos para o programa “Educando na Igualdade” da Asociación Érguete. Unha iniciativa para formar en materia de igualdade aos menores dos centros educativos da provincia de Pontevedra.

Compatindo esforzos, as marcas, todas de ámbito nacional, e a gran maioría galegas, conseguiron reunir máis de 500 euros en produtos éticos e sostibles para repartir entre as persoas participantes. Para participar soamente hai que doar calquera cantidade a Érguete facendo click aquí.

Dende Fanethic lembran que programas como o de Érguete son “moi importantes” para mellorar a sociedade na que vivimos. Todas as empresas da plataforma comparten ese mesmo fin. “Perseguimos o obxectivo de apoiar a que a sociedade sexa máis xusta independentemente do xénero ou identidade sexual e contribuír a asentar uns valores que priorizan o coidado das persoas e do planeta en todos os ámbitos da vida”, afirman.

Listado de empresas que organizan o sorteo

Naturavia coa súa cosmética Certificada elaborada en pleno corazón de Galicia.

Souji e a súa revolucionaria fórmula para reciclar o aceite usado e convertelo en xabón

Anainas e o seu hidratante e xel champú orgánico formulado para as peles infantís e comprometida co medio ambiente.

Monkey Wood e as súas xoias feitas a partir de madeira de árbores sen tallar.

SimplyNatural e a súa cosmética natural, eco e cruelty free.

Alternativa3 a cooperativa de produtos ecolóxicos e de comercio xusto.

Trigo y limpio e o seu Slow Fariña. Fariña de trigo galego antigo, moída en pedra de forma artesanal.

Descubritours a axencia dos bos viaxeiros que aposta por un turismo responsable.

Lingua trabada un proxecto de tradución, corrección e copywriting liderado por Marta.

Thania Moreira e o seu proxecto de creadora de contido especializado en cosmetología.

O Faneco un espazo que aposta pola moda sostible, a cosmética natural e os produtos zero waste, con base en Vigo.

Bolseta bcn ou como unha bolsa pode ser reutiliable, solidaria e sostible

[ ble ] un proxecto que loita contra a xeración de residuos

The GooodShop un espazo onde descubrir as grandes historias que se esconden detrás das boas marcas.

Herbolario Bio cosmética sen letra pequea, natural, ecolóxica, vegana e sen tóxicos.

Igualadas un equipo de profesionais, dirixido por Sara Mesejo, que ofrece formación e consultoría para acabar coas desigualdades sociais, poñendo o foco nas persoas.

La platanera: un paraíso particular na Illa de Arousa onde gozar de retiros artísticos, workshops intensivos ou residencias no verán para desconectar.

Azul marino casi negro e a súa roupa deseñada e producida en España con tecidos 100% naturais.

Lilium Eco Sox calcetíns ecolóxicos feitos en España con fibras de algodón

Mini Picnic e os seus accesorios e decoración téxtil estampada a man en Barcelona.

Ilen e a súa tenda especializada en menstruación sostible, saúde e pracer feminino.

0
0
0
s2sdefault

comunicado oficial Asociacion Erguete

Todos os traballadores e traballadoras, socios e socias de Érguete, e a familia adoptiva da loita e exemplo de Carmen Avendaño, queren mandarlle todo o seu cariño e forza polo falecemento do seu fillo no día de onte. Levaba tempo enfermo, pero como a súa nai, nunca deixou de loitar.

Estamos profundamente afectados por esta situación, el creceu da man da Asociación, como cada un dos fillos de Carmen. Perdemos a un compañeiro, un exemplo de superación para nós, pero a vida é así, e máis nestes tempos. Agora quedan as lembranzas e as ganas de loitar polo soño que comparte coa súa nai, unha sociedade mellor, máis xusta, e con máis oportunidades para todas e todos.

Queremos agradecer de antemán todas as mostras de cariño que enviades. Trataremos que a forza que nos mandades chegue a Carmen para que saiba que todos e todas estades con ela nestes momentos tan difíciles.

Grazas por todo Abel. Sempre na nosa memoria, e no noso traballo.

A túa familia de Érguete.