0
0
0
s2sdefault

O Programa de Intervención Socio-Educativa (PFIS) da Asociación Érguete habilitou durante este confinamento un teléfono para reforzar a atención telemática e axudar aos e ás menores con problemas de adiccións a afrontar estes momentos xunto as súas familias.

Lucia Asociacion Erguete

O confinamento no fogar é unha situación difícil para todos e todas, pero para as persoas con problemas de adiccións e de conduta pode chegar a ser un auténtico reto de resistencia. Consumir drogas ilegais é máis complicado, e o consumo de drogas legais en soidade faise máis recorrente e adictivo segundo distintas enquisas publicadas ao longo do Estado. Esta situación tamén se da nos e nas menores, recluídos agora todo o día coas súas familias e baixo a súa vixilancia. Aumentando os conflitos no fogar polo síndrome de abstinencia e o desgaste psicolóxico do encerro. Por iso, na Asociación Érguete habilitaron un teléfono (658756739) para axudar a menores e a familias a afrontar este problema.

A encargada deste teléfono é a responsable do Programa de Intervención Socio-Educativa, a educadora social Lucía Pereda. Ten anos de experiencia traballando con menores e as súas familias, pero explica que nesta situación todo e “máis difícil” porque a convivencia de 24 horas e a ruptura das pautas de consumo “aumentan a conflitividade familiar”. Aínda que destaca que na maioría dos casos adaptáronse moi ben a intervención telefónica e incluso moitos dos e das menores melloran na súa adicción grazas, en parte, ao encerro que vivimos. Explica que no seo das familias estruturadas ao inicio do confinamento a “deshabituación traía ansiedade e conflito, e nalguns casos houbo que intervir na restructuración de acordos e pautas de convivencia de cara á mellora do funcionamento familiar” , pero que pasadas as primeiras semanas a situación “tendeu á normalización e incluso ó abandono definitivo do consumo en moitos casos”.

“O apoio da familia é imprescindible durante estes días”, explica a educadora social da Asociación Érguete e é un aspecto que se trata de reforzar. Ademais as intervencións son “máis difíciles por teléfono”, pero por iso “sempre estamos dispoñibles para que falar con nós sexa unha vía de escape, sirva de orientación ante as novas situacións que o confinanento supón para os e as menores e as súas familias, e para levar a cabo unha medicación sempre que sexa preciso”, conclúe a educadora social da Asociación Érguete.

Máis tristes e máis estresados

O estado de ánimo é un aspecto imprescindible para loitar contra unha adicción ás drogas debido ao gran esforzo e forza de vontade que se precisa, e de cara tamén á resolución dos conflitos familiares, moitas veces orixinados por problemas de consumo, conducta e a incapacidade dos nais e país para o establecemento de normas e límites e o seu cumplimento. Pero esta situación que ten a moitos e a moitas ao límite pode facer as cousas máis difíciles. Segundo un estudo deseñado polo grupo de traballo “Data Science for Covid-19 TaskForce” dependente da Generalitat Valenciana as persoas entre 18 e 20 anos son as que din estar sufrindo maiores índices de estrés, ansiedade e tristeza durante o confinamento. Ademais nesta investigación a base de enquisas tamén se comprobou un aumento significativo no consumo de medicamentos e drogas.

Polo que, esta situación tamén obriga a que a intervención no programa da Asociación cree dinámicas para fortalecer a través da conversación “o cambio de pensamentes e a elección de actividades para despexar a mente e distraerse”, explica Pereda.

0
0
0
s2sdefault

As persoas que residen nas tres vivendas de acollida que a entidade ten en Vigo aproveitan estes días de confinamento para por “o noso gran de area na loita contra a emerxencia sanitaria”

A emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus tamén confinou en casa ás persoas usuarias con problemas de adiccións que residen nos tres pisos de acollida que a Asociación Érguete ten en Vigo. Estes días “tamén queremos axudar”, explica, e xunto as educadores sociais que conviven con eles durante todo o día comezaron a confeccionar pantallas protectoras contra o coronavirus para aportar “o noso gran de area na loita contra esta emerxencia sanitaria”.

Vivendas acollida asociacion erguete confeconan pantallas protecion covid19 2

 

O material para as pantallas foi doado polo Centro Integrado de Formación Profesional de Coia, as persoas usuarias as montarán e o luns as entregarán para que o pensonal do centro de Coia as reparta aos colectivos sociais en primera liña contra o virus e que máis o necesiten. A coordinadora do programa de vivendas da Asociación, Javier Alonso, explica que “están moi contentos por poder axudar nesta situación”, que para eles tamén é moi difícil. Son conscientes que son colectivo de risco e teñen medo, “pero iso non lles para”, destaca Alonso.

Con esta actividade as persoas usuarias inclúen unha actividade na nova rutina diaria que teñen en casa. Xa non hai actividades fóra, pero a intervención adaptouse para continuar no seu camiño contra as adicción e a súa completa reinserción social.

Vivendas acollida asociacion erguete confeconan pantallas protecion covid19

0
0
0
s2sdefault

Durante o 2019 o equipo xurídico atendeu a 562 persoas nun total de 5.225 intervencións

O traballo da Asociación Érguete non se interrompe durante este confinamento. O seu servizo asistencial é indispensable para que persoas en situación de risco non queden desamparadas e soas durante a emerxencia sanitaria. Nun paso máis para reforzar a capacidade de atención da Asociación, a presidenta, Carmen Avendaño, renovou hoxe co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña, o convenio de colaboración que dota de recursos económicos ao servizo xurídico da entidade sen ánimo de lucro con sede en Vigo.

O servizo xurídico da Asociación Érguete comezou a súa andanza no 1989, pouco despois da legalización da entidade no 85, froito da ardua loita dun grupo de nais contra o narcotráfico. Agora, 31 anos despois e completamente especializado, un equipo formado por sete profesionais presta unha atención individualizada a persoas con condutas adictivas e problemas legais asociados. Durante o 2019, atenderon a 562 persoas nun total de 5.225 intervencións.

“Este servizo axuda ás persoas de maneira gratuíta cos seus problemas legais reducindo o seu desamparo legal e a indefensión de colectivos en risco de exclusión”, explica a coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas. Ademais do traballo coas persoas usuarias, o equipo xurídico tamén está en contacto con distintas institucións (Policía, Xuzgado, Prisión…) para axudar nos distintos procesos.

Un servizo que non para

A emerxencia sanitaria non interrompe o traballo no servizo xurídico da Asociación Érguete e as persoas usuarias poder acceder a el, preferiblemente de maneira telefónica. Desta maneira, moitas familias en situación de desamparo poden atopar respostas a súa situación legal durante o estado de emerxencia, recibir asesoría para solicitar aos organismos públicos as distintas axudas sociais...

Fima Convenio servicio xuridico xunta 2020

0
0
0
s2sdefault

A Asociación Érguete avisa que hai moitos colectivos en risco de exclusión aos que a situación de excepcionalidade que provoca o Covid19 os deixa en moi difícil situación

A pandemia provocada polo Covid19 parou a sociedade confinando a maioría das persoas en casa para poder loitar contra un inimigo invisible. Os negocios pecharon as súas cancelas, o trafico de persoas cesou ao mínimo, e as rúas ficaron baleiras ao ritmo que aumentaron as restricións, e que campaña que nos invitaba a quedar na casa era cada vez máis secundada. “Pero hai persoas que non poden quedar en casa, que ademais son colectivo de risco, e que non debemos esquecer”, explica a coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, referíndose as persoas sen fogar e aos colectivos en risco de exclusión.

A estas persoas esta crise lle suscita varias preguntas. Como podo encerrarme para loitar contra o virus? Como podo lavarme continuamente as mans se vivo na rúa? Onde podo durmir? Varias preguntas difíciles de responder. Por iso na Asociación Érguete, e outras entidades de Vigo, e toda Galicia, tampouco “paramos”. Rivas explica que “na entidade mobilizamos todos os nosos recursos para poder ofrecer un servizo completo para estas persoas porque as entidades solidarias non podemos parar”. Érguete, como outras ONGs en todo o país, tivo que reestruturarse durante este mes, fomentando o teletraballo en áreas asistenciais que non requiren de presencia física, e mantendo o servizo presencial nas áreas máis prioritarias.

Elvira Rivas explica que agora unha “das súas principais prioridades está nas persoas que conviven nas tres vivendas que temos agora funcionando en Vigo”. A Asociación Érguete dispón de tres pisos no casco urbano da cidade para que persoas que presentan problemas de adiccións poidan terminar o seu proceso de desintoxicación e comezar a súa reinserción na sociedade. En cada vivenda poden chegar a convivir ata seis persoas, máis as traballadoras e traballadores encargadas do seu coidado as 24 horas do día, polo que manter “as medidas de hixiene e protección contra o virus deben ser unha prioridade, posto que moitas das persoas que viven nas nosas vivendas presentan patoloxías que poden agravar os efectos do coronavirus”, explica a coordinadora da Asociación.

O outro servizo presencial que se mantén na Asociación Érguete é o programa socioxurídico, que este mes, ante a paralización da actividade xudicial ordinaria e a excepcionalidade da situación, centrárase nun servizo de asesoramento persoal de maneira telemática a través de entrevistas telefónicas.

O “traballo solidario é o exemplo a seguir se queremos gañarlle ao virus, debemos traballar xuntos sen esquecer as persoas que precisan máis axuda”, explica Rivas. Para ela, a única forma de vencelo está “na solidariedade, na unión e no esforzo común”, polo que reclama a sociedade e as Administracións que non “esquezan a estas persoas”, e as anima a continuar coa “creación de plans de asistencia como os xa se están facendo en moitos lugares”.

Prisión

Na Asociación Érguete tamén queren recoñecer o traballo do funcionariado de institucións penitenciarias e o esforzo das persoas en prisión para adaptarse a esta situación. Na entidade tiveron que suspender o seu traballo nas cárceres de A Lama e Teixeiro pola pandemia, pero lembran que “alí moita xente continúa traballando, por iso, eles tamén deben ser recoñecidos”, explica Rivas. Ademais, lembra que tampouco podemos esquecer a situación “excepcional e difícil” que viven as persoas en prisión sen poder recibir visitas como medida de prevención.

colectivo risco covid 19 asociacion erguete

0
0
0
s2sdefault

O ​Observatorio Europeo das Drogas e as Toxicomanías publicou hoxe ​o informe sobre a presenza de drogas nas augas residuais de 70 cidades​, entre elas Santiago de Compostela,Madrid, Castellón, Valencia e Barcelona.

A presenza de cocaína nas augas residuais de Santiago de Compostela durante o 2019 aumentou un 42 % fronte ao 2018, pasando de 352 miligramos por cada mil habitantes a 500 segundo o último informe do Observatorio Europeo das Drogas e as Toxicomanías. Investigadores de todo Europa monitorizan dende 2011 a presenza de substancias nas augas de 70 cidades europeas, entre elas Santiago de Compostela, Madrid, Castellón, Valencia e Barcelona.

As cifras son altas e significativas se comparamos con outras cidades de España. A media de miligramos de cocaína nas augas de Santiago é lixeiramente inferior, pero se atendemos só aos fines de semana o dato cambia. Na capital galega o informe mostra 542 miligramos mentres que na capital española está en 524 mg cada mil habitantes, é dicir unha presencia maior e que aumenta durante os venres, sábados, domingos e luns que o informe trata como fin de semana.

Estes datos e este incremento “debe alertarnos e facernos reflexionar sobre o consumo de cocaína”, explica a responsable do programa de prevención da Asociación Érguete, Laura Durán. A experta avisa que hai que ter en conta que estes datos non “dan estimacións de persoas consumidoras”, pero si “indican que se consume, e que o consumo aumenta”. Por elo, dende a Asociación con sede en Vigo avisan que os programas de prevención tamén deben “atender a evolución desta droga para previr e interromper esta tendencia”, avisa. Segundo Durán na Asociación Érguete incluirán as súas cifras nos seus traballos de campo de prevención de consumo.

O estudo tamén recolle datos de anfetaminas, metanfetaminas e mdma, e Santiago tamén presenta un lixeiro aumento en anfetaminas e mdma, aínda que non tan pronunciado como o da cocaína.

As mostras de augas residuais analízanse con biomarcadores urinarios das drogas, centrándose no caso da cocaína do seu metabolito principal (benzoilecgonina).

Mapa residuos drogas en aguas Asociacion Erguete