0
0
0
s2sdefault

Só unha de cada catro persoas que accederon a Red de Atención a las Adicciones (UNAD) durante o 2018 era muller

O próximo domingo as mulleres de todo o mundo alzarán a súa voz para reivindicar igualdade. Entre elas, estarán as mulleres con adiccións, un colectivo moi amplo e silenciado, pese a que “ten moito que reclamar”, explica a educadora social da Asociación Érguete, Lucía Pereda. Para ela, a sociedade tamén debe “escoitar a voz das mulleres coas que traballamos. A súa situación debe mellorar”, reclama unha das encargadas da comisión de xénero da ONG con sede en Vigo.

“Para elas é moito máis difícil reintegrarse socialmente que para un home”, denuncia Pereda. Isto se debe a que as mulleres sofren unha “dobre discriminación: por ser consumidoras e por ser mulleres”. Elas, ademais de aguantar todos os prexuízos que existen na sociedade coas persoas con problemas de adiccións, teñen que loitar e pedir axuda nun sistema “que non está pensado para elas”. A educadora social remítese a un dato tan “significativo”, como que só unha de cada catro persoas que accederon a Red de Atención a las Adicciones (UNAD) durante o 2018 era muller.

A experiencia de campo de organizacións como a Asociación Érguete fai que a idea de que as mulleres presentan menos problemas de adiccións que os homes non se adapte a realidade. Para Lucía Pereda a explicación ao menor acceso das mulleres á rede asistencial está en que para elas “é moito máis difícil acceder aos recursos de axuda e presentan máis taxas de abandono”, pero por que? “É simple, os programas non están adaptados. Por poñer un exemplo, as mulleres que queiran entrar nun centro terapéutico público en Galicia cos seus fillos ou fillas, non poden porque non existen”, denuncia. Na situación destas mulleres a violencia tamén está moi presente. “Moitas das que atendemos son ou foron víctimas de violencia de xénero, isto provoca que entren nunha espiral de violencia e consumo de drogas da que é moi difícil saír”, lamenta Pereda.

A educadora social tamén traballa con menores con conduttas adictivas no programa da Asociación Érguete (PFIS) e constata que “elas tardan moito máis que eles en pedir axuda. De media entre tres e catro anos máis tarde, cando xa presentan consumo tardío”, explica. Isto se debe, segundo Pereda, a que existen moitos máis estigmas entre as menores á hora de consumir.

Mulleres consumidoreas discriminadas Asociacion Erguete

 

Tamén en prisión

Andrea Pérez é a coordinadora do programa de intervención “Mírate” da Asociación Érguete, con mulleres privadas de liberdade en A Lama, onde realiza un acompañamento e asesoramento laboral e formativo, así como psicolóxico, para traballar a autoestima e a igualdade en prisión. Explica que a vida na cárcere tamén “é máis difícil para as mulleres que para os homes”, denuncia.

Nas prisións galegas as mulleres non están divididas por distintos colectivos nos módulos para mellorar a convivencia, presas de todas as idades e distintos graos están xuntas, as instalacións das seccións femininas como o ximnasio teñen moitos menos recursos que a dos homes, e en Galicia é imposible que elas poidan convivir cos seus fillos ou fillas ata os 3 anos de idade, como si ocorre noutras prisións de España.

Por todo isto, a Asociación Érguete cun compromiso total coa igualdade está implementando a perspectiva de xénero a todos os seus programas para mellorar as intervencións e a situación das mulleres. Aínda que avisan, que son as Administracións as que deben atender o problema e actuar sobre el.

Aquí podes ler os manifestos da Asociación Érguete e da UNAD

https://drive.google.com/open?id=1qnEiIXv4pEWT-lp3xnc56ph9xPDsUpGe

https://drive.google.com/open?id=1ylyct5j6X3mCguQQeWPXjx1S9r3vDSw1

0
0
0
s2sdefault

Na actualidade unha boa parte das persoas consumidoras ou ex-consumidoras non entenden as sentenzas, e precisan axuda constante do servizo xurídico da Asociación Érguete

Hoxe os usuarios e usuarias do servizo xurídico da Asociación Érguete recibiron a visita da avogada e investigadora da Universidad Nacional de Educación a Distancia, Ana M. Castro, para contribuír na investigación da súa tese doutoral, coa que procura facer máis accesibles as sentenzas xudiciais para persoas consumidoras ou ex-consumidoras de drogas, para persoas con diversidade funcional e para persoas en prisión.

tese doutoral sentenzas xudiciais Asociacion Erguete

Para un dos traballadores do equipo xurídico da Asociación, David Martínez, o obxectivo da tese doutoral de Ana M. Castro é “unha gran nova para as persoas coas que traballamos”. “Moitos e moitas delas non entenden a sentenza que reciben do Xulgado pola linguaxe e a extensión. Precisan da nosa supervisión constante para poder acatala ou recorrela”, e por elo é “indispensable facelas máis accesibles”, incide Martínez.

Para a investigadora unha resolución xudicial debe “estar escrita cunha linguaxe sinxela e pensada para ser comprendida a través dunha lectura fácil”, explica. Ademais Castro recalca a importancia de adaptar estas sentenzas para que as persoas poidan sentirse participes do procedemento xudicial, aumentando así a súa autoestima e a súa integración no sistema. “Puntos esenciais para mellorar a súa calidade de vida”.

O traballo de Castro coas persoas usuarias da Asociación consistirá en tres sesións de traballo. Primeiro un traballo de comprensión sobre as sentenzas que recibiron, despois a redacción dun texto adaptado e accesible á persoa e por último un cuestionario de valoración, que vai dende preguntas sobre o grado de satisfacción persoal á autonomía e independencia adquirida.

tese doutoral sentenzas xudiciais Asociacion Erguete 2

0
0
0
s2sdefault

É necesario traballar máis na prevención do cannabis e das súas novas formas de consumo

A Guardia Civil anunciou esta semana que na rúa xa se vende un cannabis cinco veces máis potente do que se consumía en 2010. Nas últimas incautacións realizadas polo organismo policial as concentracións do psicotrópico THC (tetrahidrocannanibol) nunha gran proporción do cannabis intervido chegaba ao 30% fronte ao 5 % que presenta a planta en estado salvaxe. Segundo o psicólogo do programa de prevención da Asociación Érguete, Rodrigo Alonso, estas nova tipoloxía da droga “pode inducir a un consumo máis compulsivo pola súa maior concentración de THC”, ademais de que o aumento deste psicotrópico tamén fai máis probable que as persoas que o consumen presenten crises de ansiedade ou brotes psicóticos.

Para combatir a aparición destas novas substancias “temos que traballar máis na prevención do cannabis e das súas novas formas de consumo”, explica Rodrigo Alonso. O psicólogo ten experiencia traballando no programa de prevención e o programa de formación e integración social (PFIS) da Asociación no que se traballa con menores con consumo activo ou con sanción administrativa por tenencia de cannabis.”Notamos que cada vez se esquecen máis do risco destas drogas”, avisa mentres reivindica que é necesario “afrontar este problema de maneira directa, contando os riscos e avisando sobre estas novas tipoloxías de marihuana que aparecen”.

Para Rodrigo Alonso, acostumado a traballar con menores, as familias e os expertos “temos que se capaces de falar con eles e elas sen medo. Darlles información e explicarlle os efectos e consecuencias das drogas sen caer en prexuízos nin estigmas. Temos que crear unha conversación baseada na confianza”, explica mentres repite un mantra entre os expertos da Asociación: “Se a prevención funciona, o consumo cae”.

porro

Un consumo temperán

Segundo a Radiografía dos consumos e adiccións na mocidade viguesa de 12 a 20 anos, elaborado polo investigador da USC Antonio Rial Boubeta e no que participou a Asociación Érguete, os menores da cidade que consumen cannabis o probaron por primeira vez con 15 anos. “Este dato é preocupante”, advirte Alonso facendo mención a estudos como o de Asociación do consumo de cannabis na adolescencia e o risco de padecer depresión, ansiedade o tendencias suicidas na idade adulta temperá, publicado por Jama Psychiatry en febreiro de 2019.

En concreto este informe sinala, avisando que os resultados deben confirmarse en máis estudos, que os adolescentes que consumen cannabis teñen un risco maior de desenvolver depresión e suicidio. Un problema que aumenta máis se a substancia ter unha concentración de psicotrópico maior. “Este é un problema de saúde pública que debemos abordar con moita profesionalidade e coidado”, conclúe Rodrigo Alonso.

0
0
0
s2sdefault

A Asociación Érguete e o Concello de Redondela organizan talleres de igualdade para os alumnos e alumnas de primeiro de primaria das nove escolas do municipio.

A Asociación Érguete comezou hoxe no Colexio Público da Igrexa Chapela (Redondela) o programa “Educando na Igualdade”, organizado en colaboración co Concello de Redondela. Dende hoxe e ata a maio cada neno e nena de primeiro de primaria das nove escolas do municipio recibirá un total de 10 horas de talleres de igualdade, organizados en dúas sesións grupais de 4 adicadas ao alumnado e unha sesión final adicada ás familias.

A encargada do servizo de prevención da Asociación Érguete e unha das promotoras destes talleres, Laura Durán, explica que esta actividade é “moi necesaria nas aulas”. “Na escola e entre os nenos e nenas aínda detectamos moitos prexuízos machistas. Por exemplo, moitos pensan que as nenas non poden xogar ao fútbol ou que limpar e cociñar é algo de nais e non de pais”, explica Durán.

Os talleres que recibirán os pequenos e pequenas de Redondela van ser distintos a outro tipo de actividades que se fan para os máis maiores. “Aprenden igualdade con xogos, coloreando e debuxando. Divírtense como iguais e iso é o que buscamos”, conta a traballadora da Asociación Érguete. Este será o segundo ano de “Educando en Igualdade” no Concello de Redondela e se espera que conte coa gran acollida que tivo o ano pasado. “A igualdade conséguese con educación, e ese é noso obxectivo”, conclúe Laura Durán.

Educando na igualdade cp igrexa redondela Asociacion Erguete

0
0
0
s2sdefault

Para a Asociación Érguete estes datos reflexan a forte epidemia de drogas que sufriu a cidade e deben facernos reflexionar para poder cambiar estas estatísticas

A publicación do novo Atlas Nacional de Mortalidad en España (ANDEES) mostra uns datos que arroxan reflexións. As dúas primeiras causas de morte entre os homes de Vigo entre 1989 e 2014 son o sida e a intoxicación por consumo de drogas ou psicofármacos. Ademais, o risco de morte en Vigo para un home por sida ou abuso de drogas é un 50 % máis alto que a media española. Non ocorre o mesmo coas mulleres no que estas dúas causas non están entre as 58 principais razóns de mortalidade feminina na cidade.

Estes datos mostran a forte epidemia de drogas que sufriu a cidade a finais do século pasado e que se cebou especialmente co colectivo masculino. Para a coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, estes son datos que “nos deben facer reflexionar sobre o gran mal que pode significar para unha sociedade o consumo de drogas”, ao que normalmente veñen asociadas enfermidades como o sida ou algún tipo de patoloxía mental. “Non podemos esquecer o pasado e temos que continuar aprendendo del”, explica Rivas que reivindica con esta estadística a necesidade de continuar traballando en prevención e educación.

Aínda que a situación non é tan grave como a finais do século pasado non “nos podemos confiar” explica a coordinadora da Asociación Érguete. A experta basease nos resultados da última Encuesta sobre Alcohol y otras Drogas en España (Edades) do período 2017-2018 que mostraban como o consumo de alcol, tabaco e cannabis aumentou nos últimos anos, mentres que o de resto de drogas estabilizouse.

A estes datos hai que sumarlle tamén os publicados na Radiografía dos consumos e adiccións na mocidade viguesa de 12 a 20 anos, elaborada polo investigador Antonio Rial Boubeta e na que participou a Asociación Érguete. A publicación mostraba que os menores de Vigo comezan a consumir alcol aos 13 anos de media, tabaco aos 14, e a primeira borracheira, o cannabis, as pastillas como as anfetaminas, a cocaína, ou os hipnosedantes chegan aos 15 anos.

“Nos vemos estes datos con preocupación” explica Rivas. “A evolución é positiva e o os consumos son menores e menos destrutivos, pero as chamadas drogas brandas estanse a estender e a aceptar entre a poboación”, reflexiona. Para a coordinadora da Asociación Érguete para reducir as mortes, e construír unha sociedade moitas máis saudable é necesario poñer “os datos sobre a mesa para deseñar fortes programas de prevención”. Ela ten esperanza e esta convencida de que “cambiaremos as estatísticas”.

Sida e drogas principais causas mortalidade homes