0
0
0
s2sdefault

O atleta e adestrador nacional de Atletismo e do Real Club Celta de atletismo, Manuel Ageitos, será o encargado dun proxecto en colaboración co deportista Daniel Bargiela (Bikila) no que participan persoas usuarias que viven nas casas de acollida da Asociación, menores cos que traballa Érguete e tamén parte do equipo de profesionais.

Mañá un equipo de quince persoas comezará a correr polo parque de Castrelos para poñerse en forma en corpo e alma. Comezan unha “terapia running” que organiza a Asociación Érguete e coordina o atleta e adestrador nacional de Atletismo e do Real Club Celta de atletismo, Manuel Ageitos. O obxectivo é demostrar os beneficios do deporte como método de protección e prevención fronte as adiccións con dous adestramentos por semana, martes e xoves ás 20.45 horas.

Na activade participan menores que asisten a talleres na Asociación Érguete e parte do seu persoal. Aínda que unha boa parte dos participantes son os dez usuarios e usuarias que residen nas tres vivendas de acollida das que dispón a Asociación no centro de Vigo (unha para mulleres e dúas para homes). Alí residen entre seis meses e un ano e reciben axuda no seu propio axuste persoal para posteriormente incorporarse de novo a sociedade. Son persoas con trastornos aditivos que precisan dunha vivenda normalizada e supervisada para a súa volta a normalidade.

Por iso, a “terapia running” é unha gran actividade para eles e elas. O coordinador de Vivendas de Apoio da Asociación Érguete, Javier Alonso, explica que “é unha forma fantástica de traballar e na que os participantes responden moi ben”. Ademais destaca que Ageitos é un gran “director de orquesta porque é un bo motivador que sabe adaptarse ao nivel de cada un”. Destaca tamén que o exercicio ten múltiples beneficios para os usuarios e usuarias da Asociación. Físicos, pero tamén psicolóxicos posto que deporte tamén xera unha sensación de benestar “que lles axuda a liberar tensións funcionando como un potente antidepresivo”.

A coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas incide en que a actividade aporta beneficios máis alá da saúde. “Crea unha costume de compromiso moi necesaria para vivir en sociedade”, destaca. Ademais recalca que correr dous veces por semana obriga a superar límites para moitos porque “tentar superar marcas e obxectivos crea unha educación no esforzo imprescindible para previr e saír das adiccións”. Outro dos aspectos positivos desta terapia para Rivas é que “o pasan ben e se poden relacionar en contextos novos” recalca. “É unha actividade boa non só para os usuarios e usuarias, tamén para nós”, conclúe. Por todo isto, a coordinadora da Asociación tamén se enfundará os zapatos para correr xunto a máis traballadores e traballadoras de Érguete.

camiseta movendo caminos logo

Movendo Camiños é unha activade que culminará o próximo ano na carreira Érguete e Corre. Un evento que xa forma parte do circuíto Run Run de Vigo e que a zancadas solidarias reivindicará a importancia do deporte á hora de previr adiccións. Ata ese día a “terapia running” continuará en Castrelos dous días por semana grazas ao apoio da Obra Social de “la Caixa” e das firmas Brooks e Bikila.

Dende a Asociación Érguete tamén inciden que a “terapia running” é beneficiosa para todas e para todos. Por iso invitan aos veciños e veciñas a unirse á actividade para construír unha sociedade máis saudable. En definitiva, saúde e quilómetros.

0
0
0
s2sdefault

Os datos son reveladores. España non mellora en materia de prevención do consumo de drogas entre adolescentes.

O martes pasado o Ministerio de Sanidad presentou a súa Enquisa sobre Uso de Drogas en Enseñanzas Secundarias (ESTUDES 2019) realizada con enquisas cubertas por 38.000 menores de entre 14 e 18 anos de todo o Estado.

Entre os moitos datos que se manexan hai varios preocupantes. A gran maioría de menores españois, un 94%, ve moi fácil adquirir alcol e tabaco para consumir, pese a prohibición, mentres que un 70% considera fácil o acceso ao cannabis. Ademais o consumo destas drogas tamén crece nos últimos doce meses, data da última enquisa. O alcol volve a ser a sustancia máis consumida polos estudantes e se no 2016 bebera alcohol algunha vez na súa vida o 76,9%, no 2018 foron un 77,9%. Unha subida dun punto que demostra que a tendencia é a alza e que a prevención erra.

CONSUMO DE DROGAS ESTUDES 2018 2019

No tabaco tamén figura unha subida. Volve a ser a segunda droga máis estendida entre estudantes de 14 a 18 anos, rexistrando que un 41,3% fumaron tabaco nalgunha ocasión na súa vida aumentando respecto as dúas edicións anteriores. Outro dato que destaca relativo ao tabaco é o alto aumento do uso dos cigarros electrónicos, en 2016 fumaban desta maneira un 20% de adolescentes, pero no 2018 o fixeron o 48,4%. Unha subida que demostra que as novas formas de consumo tamén están a alza, facilitando así a súa expansión.

Tamén son preocupantes os datos de consumo de cannabis. É a droga ilegal máis accesible, tanto que un 33% de adolescentes consumírono algunha vez na súa vida. Continúa así a súa expansión dende o 2006, cando consumía un 37%.

CONSUMO DE CANNABIS ESTUDES 2018 2019 page 10

 

Dispoñibilidade

O alcol e o tabaco son, con diferenza, as substancias máis accesibles para os estudantes de 14 a 18 anos. Neste sentido, máis do 90% dos estudantes non aprecia ningunha dificultade para conseguir bebidas alcohólicas ou tabaco, escenario que apenas variou ao respecto aos anos pasados.

Doutra banda, seguindo coas substancias legais practicamente a metade dos estudantes perciben un fácil acceso aos hipnosedantes (47,4%), dato moi similar ao rexistrado no 2016.

E nas drogas ilegais segue sendo o cannabis a que se considera máis accesible e case un 70% do alumnado pensan que é fácil ou moi fácil adquirilo.En canto a cocaína en pó, a porcentaxe de estudantes que opina que pode conseguila sen problemas incrementouse con respecto ao ano anterior (32,8% de 2018 fronte a 32,3% de 2016).

DISPONIBILIDAD DROGAS ESTUDES 2018 2019

 

Apostar pola prevención

Apostar pola prevención é esencial para mellorar estas cifras. O consumo expándese e normalízase. É necesario incluír nos sistemas educativos máis horas e programas adicados a previr. Na Asociación Érguete levamos xa anos con programa propio de prevención entre menores, pero consideramos que debe ser unha aposta conxunta e máis decidida porque os datos non terminan de mellorar.

Documentación para descarga

INFORME ESTUDES 2018 2019    INFORME 2019 ALCOHOL TABACO Y DROGAS ILEGALES EN ESPANA

0
0
0
s2sdefault

O pasado sábado celebramos o noso III Viaxe Educativo e a través de seis conferencias lanzamos unha mensaxe ao mundo: “Unha educación diferente é posible”

Este sábado celebramos a nosa III Viaxe Educativo no museo Verbum de Vigo. Foi unha xornada de grande interese para nós e para todas e todos os profesionais da educación e interesados e interesadas que se acercaron ao museo Verbum para aprender e compartir experiencias con nós. Xuntos e xuntas mandamos unha mensaxe claro ao mundo: “Unha educación diferente é posible”.  

Carmen Avendano III Viaxe Educativa

Dende a Asociación consideramos que estamos nun momento de gran transcendencia no panorama educativo nun contexto mundial e de país en plena transición polas novas tecnoloxías e a súa interacción con nenos, nenas e adolescentes. A chegada das redes sociais e do entretemento por Internet cambiaron por completo a maneira de comunicarse da xuventude fronte a de anos atrás. Existe, moitas veces, unha brecha dixital entre familias e profesores cos menores que é necesario traballar para mellorar. Ademais neste mundo en constante transformación a cultura do esforzo é máis importante que nunca. As profesións de hoxe, xa non existirán mañá se a tecnoloxía continúa co seu rápido avance, polo que unha gran capacidade de esforzo fará que a xuventude estea máis preparada para loitar nun mundo cambiante. 

Toni Garcia Arias III Viaxe Educativa

Érguete quere transmitir esta mensaxe con forza e en todos os campos da educación. Por iso, trouxo a seis conferenciantes con gran experiencia nos campos da psicoloxía, do traballo social e da docencia. Nestes coloquios se porán sobre a mesa temas como a educación emocional, a relación coas novas tecnoloxías no seo das familias, a frustración da xuventude, a violencia sexual entre adolescentes…

Queremos agradecer tamén a todas e a todos os que fixeches esta xornada posible. Primeiro ao público, comprometido e activo, que mostrou que existe unha forza de vontade para cambiar o mundo. Despois ao conferenciantes: Toni, Jorge, Yolanda, Hernán, Marta, Maureen, Manuel, moitas grazas de corazón.

Jorge Flores III Viaxe Educativa

Yolanda R Castro III Viaxe Educativa

E por último agradecer o apoio indispensable do Concello de Vigo, de Caixa Bank a través da Obra Social “La Caixa” e do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a forte colaboración de Frutas Nieves e Pantallas Amigas.

0
0
0
s2sdefault

La DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA subvenciona un año más el Programa de Prevención COÑECE-DECIDE, que ofrece la Asociación Érguete, entre los que destaca el Programa de Prevención de Adicciones para Clubes Deportivos, que se vuelca en fomentar el ocio saludable y promocionar el deporte como factor de protección ante las adicciones.

Distintas actividades como danza, fútbol, remo y gimnasia rítmica ya se han beneficiado de esta iniciativa, que el pasado viernes llegó hasta el “Pontevedra Rugby Club” y con él a un nuevo deporte, que incluye cada vez más aficionados en sus filas: el rugby.pontevedra rugby prevencion asociacion erguete

0
0
0
s2sdefault

Abrimos o prazo de inscrición para a III Viaxe Educativa que organiza a Asociación Érguete, e que se celebrará o 16 de Novembro no Verbum - Casa das Palabras en Vigo

- Prazo: Do 14 de Outubro ó 13 de Novembro, 20€ (estudantes, persoas paradas e xubiladas 10€)

GRATUÍTO PARA SOCIOS/AS DA ASOCIACIÓN ÉRGUETE

Debido ao aforo, este ano só contamos con 160 prazas. Non esperedes ao final e inscribirvos xa.

inscribete

Máis Info..