"21 marcas sostibles organizan un sorteo solidario para potenciar o programa de igualdade da Asociación Érguete"

As empresas organizadas na plataforma Fanethic reuniron máis de 500 euros en produtos éticos e sostibles para repartir entre as persoas participantes. Calquera persoa pode participar facendo unha donación coa cantidade que considere oportuna facendo click aquí

21 marcas de produtos sostibles únense nun sorteo organizado a través da plataforma Fanethic para recadar fondos para o programa “Educando na Igualdade” da Asociación Érguete. Unha iniciativa para formar en materia de igualdade aos menores dos centros educativos da provincia de Pontevedra.

Compatindo esforzos, as marcas, todas de ámbito nacional, e a gran maioría galegas, conseguiron reunir máis de 500 euros en produtos éticos e sostibles para repartir entre as persoas participantes. Para participar soamente hai que doar calquera cantidade a Érguete facendo click aquí.

Dende Fanethic lembran que programas como o de Érguete son “moi importantes” para mellorar a sociedade na que vivimos. Todas as empresas da plataforma comparten ese mesmo fin. “Perseguimos o obxectivo de apoiar a que a sociedade sexa máis xusta independentemente do xénero ou identidade sexual e contribuír a asentar uns valores que priorizan o coidado das persoas e do planeta en todos os ámbitos da vida”, afirman.

Listado de empresas que organizan o sorteo

● Naturavia coa súa cosmética Certificada elaborada en pleno corazón de Galicia.

● Souji e a súa revolucionaria fórmula para reciclar o aceite usado e convertelo en xabón

● Anainas e o seu hidratante e xel champú orgánico formulado para as peles infantís e comprometida co medio ambiente.

● Monkey Wood e as súas xoias feitas a partir de madeira de árbores sen tallar.

● SimplyNatural e a súa cosmética natural, eco e cruelty free.

● Alternativa3 a cooperativa de produtos ecolóxicos e de comercio xusto.

● Trigo y limpio e o seu Slow Fariña. Fariña de trigo galego antigo, moída en pedra de forma artesanal.

● Descubritours a axencia dos bos viaxeiros que aposta por un turismo responsable.

● Lingua trabada un proxecto de tradución, corrección e copywriting liderado por Marta.

● Thania Moreira e o seu proxecto de creadora de contido especializado en cosmetología.

● O Faneco un espazo que aposta pola moda sostible, a cosmética natural e os produtos zero waste, con base en Vigo.

● Bolseta bcn ou como unha bolsa pode ser reutiliable, solidaria e sostible

● [ ble ] un proxecto que loita contra a xeración de residuos

● The GooodShop un espazo onde descubrir as grandes historias que se esconden detrás das boas marcas.

● Herbolario Bio cosmética sen letra pequea, natural, ecolóxica, vegana e sen tóxicos.

● Igualadas un equipo de profesionais, dirixido por Sara Mesejo, que ofrece formación e consultoría para acabar coas desigualdades sociais, poñendo o foco nas persoas.

● La platanera: un paraíso particular na Illa de Arousa onde gozar de retiros artísticos, workshops intensivos ou residencias no verán para desconectar.

● Azul marino casi negro e a súa roupa deseñada e producida en España con tecidos 100% naturais.

● Lilium Eco Sox calcetíns ecolóxicos feitos en España con fibras de algodón

● Mini Picnic e os seus accesorios e decoración téxtil estampada a man en Barcelona.

● Ilen e a súa tenda especializada en menstruación sostible, saúde e pracer feminino.