0
0
0
s2sdefault

Cerca do 70 % das ventas de alcol de España prodúcense nos bares segundo cifras da Asociación Cerveceros de España, e da patronal de bebidas espirituosas (de alta graduación alcohólica)

Dispensacion responsable de alcohol asociacion erguete

España é un país de bares, e os españois consumen alcol nos bares. Responden ao denoninado Patrón de Consumo Mediterráneo, baseado nas relacións sociais que se producen maioritariamente a través da canle da hostalería. Os datos así o mostran, cerca do 70 % das ventas de alcol no Estado prodúcense non bares segundo cifras da Asociación Cerveceros de España e da patronal de bebidas espirituosas (de alta graduación alcohólica).

Atendendo a estas cifras a Asociación Érguete decidiu lanzar unha acción de prevención dirixida á hostalaría. Durante os próximos meses repartirán entre varios establecementos, comezando polos concellos de Redondela, Fornelos de Montes, Moaña, Vilaboa e Bueu, unhas guías de dispensación responsable de alcol para facilitar o traballo dos profesionais nas situacións derivadas do consumo. Comezan por estes municipios da ría de Vigo porque teñen convenios fimados coa Asociación, pero aseguran que a guía estará dispoñible para “calquera establecemento que o solicite”.

A responsable do servizo de prevención da Asociación Érguete, Laura Durán, explica que as guías facilitan aos bares un resumo da lei vixente sobre dispensación de alcol, ademais de pistas sobre como atender a colectivos de risco ou menores. “Tamén dámoslle 10 pautas moi simples para garantir unha dispensación responsable,. dende proporcionar información sobre transporte público, ata recomendar aperitivos que non sexan salgados”, explica.

Os interesados e interesadas en acceder a esta guía poden facelo a través do seguinte enlace:

O alcol tamén mata Guia dispensacion responsable do alcol Asociacion Erguete

Durán opina que esta guía “é necesaria para que os bares tamén fomenten a dispensación responsable e que teñan claro os protocolos de actuación fronte a problemas derivados do alcol”. Lembra que segundo o último estudo do Ministerio de Sanidade sobre mortalidade aribuible ao alcol, entre 2010 e 2017 morreron en Galicia 1.206 persoas ao ano, un 53 % delas consideradas prematuras.

Ademais o estudo coloca a comunidade como a terceira de España cun risco máis alto de morte  cun 43,9 de mortes atribuíbles ao alcol cada 100.000 habitantes, só por debaixo de Asturias (46/100.000) e Andalucía (44,7/100.000).

A guía da Asociación Érguete conta co apoio e a subvención da Xunta de Galicia e de Caixa Bank.