0
0
0
s2sdefault

En 2020, o 48,7% dos condutores que morreron en accidentes de tráfico consumira alcol, drogas ou psicofármacos: un 3,2% máis que en 2019, a pesar de que houbo un 25 % menos de desprazamentos

Prevencion de drogas e alcol nas autoescolas

O consumo de drogas e alcol ao volante é un grave problema na actualidade. Por elo, a Asociación Érguete, como leva facendo cada verán, comezou este mes un programa específico de prevención co alumnado de autoescolas de O Morrazo e Redondela. O obxectivo é axudar aos futuros e futuras condutoras a “ter consciencia dos perigos”, e loitar así contra unha “pandemia que non para e tamén mata moitas persoas”, conclúen dende o equipo de prevención da entidade.

En 2020, o 48,7% dos condutores que morreron en accidentes de tráfico consumira alcol, drogas ou psicofármacos: un 3,2% máis que en 2019, a pesar de que houbo un 25 % menos de desprazamentos na estrada como consecuencia da pandemia. Trátase de 291 automobilistas do total de 597 falecidos. Así o recolle a Memoria de achados toxicolóxicos en vítimas mortais de accidentes de tráfico 2020.

O 31 % dos falecidos consumira alcol, e un 20 % outras drogas. Entres estes últimos a substancia máis detectada é a cocaína (60,8 %) seguida do cannabis (53,3 %), mentres que entre os psicofármacos os máis habituais foron as benzodiacepinas (62,5 %), os antidepresivos (40 %) e os opioides (26,2 %). Ademais destaca que o 95 % das persoas falecidas neste tipo de accidentes eran homes.

Outro dato preocupante que deixa este informe é que durante os últimos dez anos o consumo de substancias nos condutores aumentou un 6,2 %. E a condución baixo o efecto de drogas ilegais creceu un 7,6 %, máis do dobre que a de alcol (3,1 %).

Dende a Asociación Érguete lembran que esta formación é moi importante na área de Vigo. O informe RiskMent que financiou a DGT en 2019 rexistraba na cidade e na súa área metropolitana ata 30 puntos de risco medio e alto de accidentes por alcol e drogas. “Isto indica que hai moito traballo por facer para salvar vidas previndo futuros accidentes”, afirman.

O programa de Érguete leva o nome de “Cambio de Sentido” e está financiado pola Xunta de Galicia. As autoescolas deste municipio que queiran solicitar este servizo deben poñerse en contacto coa Asociación a través do correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.