"Arranca o Proxecto Movendo camiños"

obra social la caixa

Proxecto “Movendo Camiños”

MOVENDO CAMIÑOS é un proxecto que contempla os beneficios do deporte como un método de protección, prevención e estilo de vida.

O que se pretende conseguir é, que a través do deporte, as persoas participantes poidan aprender e comprender os seus beneficios a curto e longo prazo.

O exercicio físico ten múltiples beneficios a nivel físico, xa que traballa a resistencia pulmonar, mellora a eficacia dos músculos respiratorios, prevén o insomnio e o regula… e tamén a nivel psicolóxico: aporta una sensación de benestar (grazas ás endorfinas que se liberan en cada adestramento), libera tensións e diminúe o estrés, provoca un efecto tranquilizante e antidepresivo, prevén o deterioro cognitivo…

O exercicio físico, regular e controlado, é  unha práctica que permite diminuír o nivel de ansiedade e produce unha mellora no estado de ánimo, mantendo así un equilibrio a nivel persoal e social .

Falamos de social no sentido de que o tempo libre  e de ocio son obxectos importantes de intervención neste sentido, xa que a actividade física inflúe directamente no desenvolvemento físico e motor de quen a práctica, xerando todos os beneficios descritos anteriormente, repercutindo na adaptación das persoas ao seu contorno, xerando persoas saudables e activas, potenciando os valores da responsabilidade persoal  e colectiva.

O deporte en sí e, sobre todo, cando se fai en compañía , axuda a sentir que pertences a un grupo amplo, aprendendo a convivir con xente e a gañar confianza en ti mesmo/a. Ademais disto, inculca valores coma o tesón, a vontade, o sacrificio, o espírito de equipo e superación, a cultura do esforzo, o valor do adestramento e o traballo ben feito.

Obxectivos

Crear un espazo/grupo de adestramento onde se fomenten os hábitos saudables a través da practica do running .

– Mellorar a calidade e benestar persoal (psicolóxico, físico e social)

– Mellor a autoestima, confianza e autonomía.

– Xerar hábitos de vida saudable (hixiene, alimentación, exercicio físico e prevención de recaídas).

– Mellora das HHSS,  reforzando a socialización , a participación e a colaboración tanto individual coma grupal.

Destinatarios

Serán usuarios/as dos Programas da Asociación Érguete( Vivendas de Apoio o tratamento, PFIS…), e profesionais da mesma.

Descripción

Ademais dos numerosos beneficios do exercicio físico, esta actividade levarase a cabo nun contexto de interacción “fóra” dos recursos habituais de drogodependencias, a través do cal se potencien aspectos como: hábitos de saúde positivos, responsabilidade e compromiso cun grupo, relacionarse con persoas novas, superarse ou propoñerse retos novos (competir cun mesmo e non cos demais), usar o deporte como forma de liberar tensión e relaxarse.

Temporalización

MOVENDO CAMIÑOS terá nun inicio unha duración  de 3 meses, desde o 8 de Xaneiro ata o 31 de Marzo, data da realización da Carreira “ÉRGUETE E CORRE”.

A finalidade é que teña unha continuidade durante todo o ano, co obxectivo de seguir xerando e inculcando a practica da vida saudable.

Actividades

Tras cubrir a ficha deportiva e coñecer o grupo, a actividade consistirá nun adestramento grupal 2 días por semana, adicando os demais días a mantemento e realización de actividades por conta propia.

Adestradores

A preparación e adestramento persoalizado virán da man de dous profesionais do atletismo:

– Daniel Bargiela (atleta e encargado da tenda Bikila especializada en material para atletas  e runners)

– Manuel Ageitos (adestrador nacional de Atletismo e adestrador do Real Club Celta de atletismo, especialista en fondo e medio fondo)

Entidades colaboradoras

Fundación Obra Social La caixa,  Brooks, Bikila

obra social la caixaBrooksRunHappybikila

movendo caminos asociacion erguetemovendo caminos asociacion erguete 2

movendo caminos asociacion erguete 3

movendo caminos asociacion erguete 5

movendo caminos asociacion erguete 4

movendo caminos asociacion erguete 6