0
0
0
s2sdefault

No día de hoxe celebramos que 45 mulleres do C.P A Lama rematan con éxito as accións formativas do Programa Mírate 2018 impartido pola Asociación Érguete, dirixido a mulleres de especial vulnerabilidade, cofinanziado polo Fondo Social Europeo e a Secretaria Xeral de Igualdade.

Para clausuralo, teremos un acto as 12:00 no que contamos coa participación de Susana López Abellá (Secretaria Xeral de Igualdade), Graciela Fernández Carricoba (Secretaria do gabinete de Igualdade), Jose Ángel Vázquez Yáñez (Director do centro penitenciario), o equipo de tratamento do centro, Elvira Rivas Gómez (Coordinadora da Asociación Érguete), María Novelle Figueroa (Responsable do programa), e con todas as mulleres que fan posible que coñezamos de primeira man o grado dos resultados obtidos.

Noraboa a todas e moitísimas grazas polo voso esforzo e adicación durante todos estes meses. Foi un inmenso pracer compartir esta experiencia con vos e agardamos que todo o adquirido contribúa a alcanzar as metas previstas.

mirate a lama 1mirate a lama 2mirate a lama 3

programa mirate erguete