0
0
0
s2sdefault

O Centro de Educación Infantil e Primaria XOSÉ FERNÁNDEZ LÓPEZ de Porriño acollerá a primeira semana de Xuño, unha nova edición do Programa de Prevención “COÑECE-DECIDE” da Asociación Érguete, polo que aposta a DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA por segundo ano consecutivo. A subvención concedida pola Diputación inclúe a realización de actividades en distintos Centros Escolares da Provincia con alumnos e alumnas de Primaria e ESO e as suas familias, así como o fomento do lecer saudable a través de propostas abertas a toda a comunidade e actividades deportivas desenvolvidas cos nenos e nenas de diferentes Clubs Deportivos.

O Colexio DIVINO SALVADOR de Coruxo (Vigo), xa se beneficiou desta iniciativa, que finalizou o pasado 112 Colegio Divino Salvador Erguetede Maio, cunha moi boa acollida por parte dos alumnos e alumnas do segundo ciclo de Educación Primaria, así como as súas familias e mestres que consideran que “resultou favorable, porque saíron á luz aspectos da personalidade dos nenos que non soen manifestar”.

Colegio Divino Salvador Erguete

 

As duas mañás de traballo na aula según a valoración do Centro “resultaron amenas pola diversidade de actividades e polo interese mostrado polos nenos e nenas á hora de levalas a cabo. Pensamos que é una actividade moi interesante”

.