0
0
0
s2sdefault

Dende a Asociación ÉRGUETE queremos unirnos á protesta que onte á tarde levou á rua ás familias do concello de Redondela no seu afán por impedir a apertura dun local de apostas na zona escolar de A Marisma, onde se ubican tres institutos, un colexio, unha escola infantil e un conservatorio, coa intención clara de lucrarse a costa da poboación mais xoven e vulnerable e aumentando o risco de futuras adiccións, para as que o xogo está especialmente deseñado.

protesta contra casa de apuestas redondela

A esta protesta uníuse tamén o colectivo do barrio de Navia, en Vigo, que  protagonizou un acto similar hai uns meses pola apertura doutro local deste tipo nun barrio que se caracteriza por ser moi novo, aloxando a familias xóvenes con nenos e nenas na sua maioría en idade escolar.

O estado segue facilitando a apertura destes locais, antepoñendo os intereses económicos á necesidade de protexer ós nosos e ás nosas menores e desestimando as cifras que colocan ó xogo na terceira causa de suicidio en España.

As entidades que traballamos en Prevención de Adiccións non podemos mais que unirnos a estas protestas e lembrar ós que nos gobernan que debemos, e podemos, protexer ós nosos e nosas xoves creando espazos que lles faciliten un lecer sá, lúdico e creativo alonxado do consumo. É intolerable que mais de 30 anos despois ÉRGUETE teña que vivir de novo a saída ás ruas das familias para protexer ós seus fillos e fillas das adiccións, porque quenes poden e deben facelo esquezan que a sua prioridade ten que ser protexer á poboación que lles deu a sua confianza.