0
0
0
s2sdefault

Os datos son reveladores. España non mellora en materia de prevención do consumo de drogas entre adolescentes.

O martes pasado o Ministerio de Sanidad presentou a súa Enquisa sobre Uso de Drogas en Enseñanzas Secundarias (ESTUDES 2019) realizada con enquisas cubertas por 38.000 menores de entre 14 e 18 anos de todo o Estado.

Entre os moitos datos que se manexan hai varios preocupantes. A gran maioría de menores españois, un 94%, ve moi fácil adquirir alcol e tabaco para consumir, pese a prohibición, mentres que un 70% considera fácil o acceso ao cannabis. Ademais o consumo destas drogas tamén crece nos últimos doce meses, data da última enquisa. O alcol volve a ser a sustancia máis consumida polos estudantes e se no 2016 bebera alcohol algunha vez na súa vida o 76,9%, no 2018 foron un 77,9%. Unha subida dun punto que demostra que a tendencia é a alza e que a prevención erra.

CONSUMO DE DROGAS ESTUDES 2018 2019

No tabaco tamén figura unha subida. Volve a ser a segunda droga máis estendida entre estudantes de 14 a 18 anos, rexistrando que un 41,3% fumaron tabaco nalgunha ocasión na súa vida aumentando respecto as dúas edicións anteriores. Outro dato que destaca relativo ao tabaco é o alto aumento do uso dos cigarros electrónicos, en 2016 fumaban desta maneira un 20% de adolescentes, pero no 2018 o fixeron o 48,4%. Unha subida que demostra que as novas formas de consumo tamén están a alza, facilitando así a súa expansión.

Tamén son preocupantes os datos de consumo de cannabis. É a droga ilegal máis accesible, tanto que un 33% de adolescentes consumírono algunha vez na súa vida. Continúa así a súa expansión dende o 2006, cando consumía un 37%.

CONSUMO DE CANNABIS ESTUDES 2018 2019 page 10

 

Dispoñibilidade

O alcol e o tabaco son, con diferenza, as substancias máis accesibles para os estudantes de 14 a 18 anos. Neste sentido, máis do 90% dos estudantes non aprecia ningunha dificultade para conseguir bebidas alcohólicas ou tabaco, escenario que apenas variou ao respecto aos anos pasados.

Doutra banda, seguindo coas substancias legais practicamente a metade dos estudantes perciben un fácil acceso aos hipnosedantes (47,4%), dato moi similar ao rexistrado no 2016.

E nas drogas ilegais segue sendo o cannabis a que se considera máis accesible e case un 70% do alumnado pensan que é fácil ou moi fácil adquirilo.En canto a cocaína en pó, a porcentaxe de estudantes que opina que pode conseguila sen problemas incrementouse con respecto ao ano anterior (32,8% de 2018 fronte a 32,3% de 2016).

DISPONIBILIDAD DROGAS ESTUDES 2018 2019

 

Apostar pola prevención

Apostar pola prevención é esencial para mellorar estas cifras. O consumo expándese e normalízase. É necesario incluír nos sistemas educativos máis horas e programas adicados a previr. Na Asociación Érguete levamos xa anos con programa propio de prevención entre menores, pero consideramos que debe ser unha aposta conxunta e máis decidida porque os datos non terminan de mellorar.

Documentación para descarga

INFORME ESTUDES 2018 2019    INFORME 2019 ALCOHOL TABACO Y DROGAS ILEGALES EN ESPANA