0
0
0
s2sdefault

O último Informe Europeo sobre Drogas avisa da aparición de novos retos como o récord de cocaína dispoñible en Europa, un repunte da heroína e a aparición de cannabis máis potentes e perigosos.

Radiografia consumo drogas en Europa Asociacion Erguete

 

A pandemia e os estritos confinamentos non conseguiron paralizar o consumo e o tráfico de drogas. Os datos reflexado no Informe Europeo sobre Drogas publicado hoxe polo Observatorio Europeo das Drogas e as Toxicomanías (EMCDDA) así o confirman. Os e as investigadores detrás do informe avisan que a irrupción do COVID - 19 provocou que apareceran “innovadores métodos de distribución de drogas” ante unha situación de desabastecemento inicial que parece que conseguen crear as condicións “para un repunte ata a situación previa á COVID -19”.

Pese a pandemia, o 2020 é un ano récord na cantidade de incautacións de cocaína en Europa. Hai máis e cada vez máis pura, avisan no informe. Este non é o único reto que se adianta no informe. Tamén se observa un posible repunte no consumo de heroína, a aparición de cannabis máis potentes e máis perigosos… As cifras son claras: 25,6 millóns de europeos consumiron cannabis durante o último ano e 90,2 millóns durante a súa vida, cocaína 4,3 millóns no último ano e 17,9 millóns ao longo da súa vida, MDMA 2,7 millóns no último ano e 13,6 millóns ao longo da súa vida, e anfetaminas 2 millóns no último ano e 12,3 durante a súa vida. Ademais no informe avisan que este consumo está concentrado na xente nova.

O documento da UE tamén expón que o modo de venda das drogas cambiou este ano. O tráfico na rúa viuse moi afectado polas restricións de mobilidade e trasladouse a Internet e as redes sociais para facer chegar as drogas con servizos de entrega a domicilio. Tamén aprécianse cambios no tráfico a gran escala tamén cambiou. Reduciuse o tráfico no transporte aéreo de pasaxeiros a través das “mulas”, pero mantívose ao nivel previo ao COVID - 19 no transporte marítimo. No informe avisan que “o aumento da intervención de grandes cantidades de cocaína (España segundo país con máis toneladas incautadas), resina de cannabis e, cada vez máis, heroína transportadas por mar en contedores intermodais, suscita preocupación en torno a infiltración de grupos de delincuencia organizada nas cadeas loxísticas, nas rutas de navegación marítima e nos grandes portos.

Para a presidenta da Asociación Érguete, Carmen Avendaño, estes datos deben “servir como un aviso e un antecedente do novo contexto de consumo de drogas que vai a existir post COVID-19”. A traballadora social da Asociación, Elvira Rivas, tamén considera que a pandemia pode exercer a curto e longo praza, un impacto económico e social con implicacións directas nos patróns de consumo de drogas e problemas de adiccións que se “deben ter moi en conta na preparación das novas políticas de prevención que se deseñen nos vindeiros anos”.

 

A cocaína: un ano de récord

O número e a cantidade de cocaína incautada son actualmente os máis altos xamais rexistrados, con máis de 181 toneladas de droga aprehendida en 2018. Bélxica, España e Holanda son países crave para a intervención de grandes cantidades. Ademais a pureza da cocaína no ámbito comerciante polo miúdo aumentou case todos os anos desde 2009, e en 2018 alcanzou o nivel máis alto na última década.

Os indicadores tamén sinalan unha alta dispoñibilidade de cocaína no mercado europeo e signos de crecemento en países onde antes era pouco frecuente. O consumo de crack, aínda que segue sendo pouco común, notifícase agora en máis países. En conxunto, a elevada pureza da droga, xunto cos datos dos servizos de tratamento, a atención en urxencias e as mortes inducidas por drogas, indican que a cocaína desempeña actualmente un papel máis importante no problema das drogas en Europa.

 

A heroína: un posible incremento que preocupa

Segundo o informe indicadores do consumo de heroína seguen indicando un envellecemento dos e das consumidoras, con baixas taxas de iniciación. Ademais, en moitos países diminuíron os novos tratamentos iniciados asociados ao consumo de heroína.

Con todo, a duplicación dos volumes de heroína incautados na Unión Europea e o incremento dos incautados en Turquía resultan preocupantes, do mesmo xeito que os informes sobre a produción de heroína que leva a cabo na Unión Europea. Estes datos apuntan á necesidade dunha maior vixilancia para detectar calquera indicio de aumento no interese dos consumidores por unha droga asociada a graves problemas sociais e de saúde.

 

O cannabis: novo produto, máis potente e máis perigoso

O cannabis desempeña actualmente un papel importante nos ingresos por tratamento de drogodependencia, pero aínda non se coñece ben a relación entre os problemas relacionados co cannabis e a evolución do mercado da droga.

Esta situación dáse nun momento de cambio do mercado do cannabis, coa presenza de produtos de alto contido en THC ( tetrahidrocannabinol), e no que aumenta a dispoñibilidade de novas formas de cannabis e produtos comerciais baseados en extractos da planta do cannabis. Por outra banda, a resina de cannabis e a herba conteñen actualmente, en media, en torno ao dobre do THC que contiñan hai unha década. Un problema que non se debe deixar pasar e no que se debe reforzar a vixilancia.

 

MDMA: Precisamos máis sensibilización

A innovación e a ampliación da produción de drogas sintéticas en Europa resultan evidentes na dispoñibilidade continua de comprimidos de alto contido de MDMA e pos de alta pureza desta substancia. Os datos poñen de relevo que tamén se detectan produtos que conteñen niveis extremadamente altos de MDMA. Tales produtos conlevan riscos considerables para a saúde de quen os consume e constitúen unha cuestión relevante para as mensaxes e intervencións de prevención e redución de danos.

 

Sobredose: Un problema asociado a persoas de maior idade

Entre 2012 e 2018, o número de mortes por sobredoses de drogas no grupo de idade de máis de 50 anos aumentou nun 75 %, o que indica que este problema asóciase cada vez máis aos consumidores a longo prazo de maior idade. Tal evolución subliña a necesidade de recoñecer a crecente vulnerabilidade dunha cohorte envellecida de consumidores de drogas para sempre, e de converter a este grupo nun obxectivo importante das medidas de tratamento, reinserción social e redución de danos...