"Renovación do Programa PFIS"

renovacion PFIS

Onte, Carmen Avendaño ( Presidenta da Asociación Érguete), Elvira Rivas (coordinadora), Sonia Fernández (avogada), reuníronse na Consellería de Presidencia co Vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda e con Fabiola García, Conselleira de Política Social. Así mesmo, tamén estiveron presentes, Juan José Martín (Director Xeral de Xustiza ), Amparo González (Directora Xeral de Familia) e Arturo Parrado (Director Xeral de Inclusión).
O obxectivo da reunión foi a renovación do Convenio co Programa de Formación e Intergración Social PFIS, programa socioeducativo que nace no ano 2007 e cuxo obxectivo é a modificación de conductas e hábitos de cara a conseguir a adaptación, a seguridade e o afrontamento de metas na vida de modo que se favoreza a incorporación e se diminúan os factores de vulnerabilidade que provocan a exclusión social.
As persoas destinatarias deste Programa son persoas clasificadas en 100.2, 3º ou 2º grao penitenciario, persoas con suspensión de condena, en liberdade condicional ou con medidas alternativas á prisión e menores con problemas de consumo y/o conducta, medidas xudiciais ou sancións administrativas por tenencia de cannabis.

renovacion PFIS 2