PREVENCIÓN

Programa de información e orientación destinado á comunidade educativa (familias, alumnado e profesorado) para anticipar e afrontar situacións de risco de consumo de drogas e outras adiccións, tanto no tempo de lecer como no ámbito cultural, deportivo e social, fomentando hábitos de vida saudable e ofrecendo unha rede de apoio e intervención social.

EQUIPO

1 Psicóloga

1 Psicopedagoga

1 Diplomada en educación

Xunto a un equipo de profesionais do ámbito da educación e psicoloxía especializados en tratamento de adiccións.

PERSOAS DE CONTACTO

Coordinación Local e Provincial

Marta Lloves – prevencion@erguetevigo.org

Coordinación Oficina Técnica de Prevención Xunta de Galicia

Laura Durán – lauraduran@erguetevigo.org

METODOLOXÍA INTERACTIVA

Charlas formativas e obradoiros baseados en dinámicas de grupo, xogos de roles, debates e postas en común, análise de casos… e uso de material especificamente deseñado para o desenvolvemento dos programas ofertados.

OBXECTIVOS

  • Xerar unha rede de actuación para responder ás necesidades actuáis de menores e adolescentes, familias e profesionais ou futuros profesionais do ámbito educativo e social en materia de prevención de adiccións.
  • Formar e orientar nos Centros Educativos ao alumnado, familias e profesionais proporcionando estratexias de afrontamento, seguridade e recursos.
  • Servir como información, sensibilización, orientación e formación á sociedade para afrontar situacións de risco e propor estratexias de actuación.

ESTE PROGRAMA ESTÁ SUBVENCIONADO POR:

logo XuntaDeGalicia
logo-concello-de-vigo
deputacion Pontevedra
Caixabank