MÍRATE
Programa de intervención socioeducativa que trata de mellorar a calidade de vida das mulleres privadas de liberdade desde unha perspectiva de xénero. O Programa Mírate lévase a cabo nas aulas do Centro Penitenciario de A Lama e nos despachos e instalacións da Asociación Érguete para seguemento individual e/ou familiar.
Buscamos que as mulleres privadas de liberdade que participan no programa gañen confianza, recursos e habilidades para enfrontar as condicións de desigualdade que lles afectan e modificar a súa posición nas relacións de xénero, tanto na comunidade como no seu fogar.
EQUIPO
1 Coordinadora
1 Traballadora Social
1 Avogado
1 Psicólogo
PERSOAS DE CONTACTO
Coordinadora do Mírate
Andrea Pérez – mirate@asociacionerguete.org
METODOLOXÍA
Incetivamos a participación activa das usuarias individuais co fin de valorar a súa evolución persoal. Levamos a cabo tanto intervención grupal como individual.
O método de traballo é experimental e vivencialcreando así un espazo onde as mulleres poidan expresar as súas experiencias e vivencias co obxectivo de analizalas, compartilas e confrontalas.
OBXECTIVOS
- Fomentar a autoestima e a confianza necesaria para que as mulleres privadas de liberdade convértanse en protagonistas activas do seu proceso de inserción social e laboral.
- Facilitar espazos de formación que fomenten a mellora na área persoal no autocoidado na dotación de habilidades persoais. Preparar ás mulleres con formación necesaria que lle permita obter melloras na súa área persoal, promover o autocuidado, dotalas de habilidades persoais necesarias fronte á prevención de xénero e adquirir e promover novas alternativas formativas para unha futura inserción social.
ESTE PROGRAMA ESTÁ SUBVENCIONADO POR:

